Tal e como xo vos informamos faltaba por saber quen acompañaría ao SD Fisterra na finalísima da “Copa da Costa Xuvenil” do vindeiro 23 de Xuño, con horario ainda por determinar. Xogaban na tarde de onte o CF Dumbría e o UD Cerqueda no Municipal do Conco por un posto na final, pero non houbo sorpresas, pois na liga os de Periscal eran moi superiores aos cerquedenses cun global de 12-0 dos dous encontros disputados na competición . Para os cerquedenses xa era todo un premio chegar a estas semifinais, tras unha boa campaña e un pasiño máis no crecemento dunha base que leva poucos anos pero que xa asoma a cabeza nestas loitas. Os dumbrieses que na liga loitaron ata o derradeiro encontro para gañar a liga, xa deixaban o choque resolto cun claro 5-0 antes de irese o descanso con goles de, Álvaro, (2´), Álex Blanco, (18´), e Fabio, por partida dobre, (29´, 31´e 43´). Na segunda metade, con carrusel de trocos nos dous equipos, Adrián facía o sexto a hora de xogo, e pouco despois Khoue facía o primeiro dos de Dani García e pouco despois Rubéb, (73´), facía o definitivo 6-2.
Polo tanto a final CD Dumbría-SD Fisterra será un choque moi igualdo e sen favorito, pois os fisterráns sumaron en liga os mesmos 67 puntos cos dumbrieses, arrebatándolles a segunda praza por golaveraxe na derradeira xornada, na que os dumbrieses precisaban gañarlle o Xallas FC no Municipal do Conco para alzarse co título, pero foron os xalleiros os que se levaban a liga tras gañar 1-2. O Fisterra deixaba fora nas semifinais da Copa o campión de liga cun contundente 4-0.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”