Crónica dos encontros das categorías inferiores do Fisober FSF

Aquí tes todo o que deron de si os encontros nos que estiveron inmersos os equipos filiais do Fisober FSF. Na Copa Primeira Galicia, (o que antes era a Copa Provincial), empate do filial do clube fisoberista co Academia Red Blue 5 Coruña, (4-4). Na Copa Galega Infantil, vitoria do Fisober Infantil sobre o Viaxes Amarelle FSF, (3-1), e na Liga de Fútbol Sala de Base Alevín “Costa da Morte”, vitoria do equipo fisoberista por 8-3 sobre o FC Camariñas Alevín.

CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER

“V Campus do Fisober FSF de Semana Santa”

Adiantamos que o Fisober xa ten preprarado coma cada ano o seu V Campus de Semana Santa para os días 15, 16 e 17 de abril do cal informaremos máis en vindeiras datas, adiantamos xa o cartel.

++++++++++++++++++++++++

COPA PRIMEIRA GALICIA

(COPA PROVINCIAL)

 FISOBER B F.S.F. – 5 CORUÑA: 4-4.

FISOBER B: Naira, María Maroñas, Kenny, Laura, Andrea ; tamén xogaron : Lucía Canosa, Nerea, Sharay, Lucía Rodríguez, Saray, Lucía Martínez, Uxía.

5 CORUÑA: Natalia, Regina, Mel, Sandra, Alba ; tamén xogaron : Leny, Antía, Rocío.

ÁRBITRO : Iván Vidal

CRONO: Francisco Javier Seijo.

GOLES: 1-0 min 9 Lucía Canosa, 1-1 min 11 Mel, 1-2 min 23 Leny , ( descanso ) , 2-2 min 42 Lucía Canosa, 3-2 min 45 Saray, 4-2 min 47 Lucía Canosa, 4-3 min 48 Mel, 4-4 min 49 Leny.

INCIDENCIAS : Partido disputado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría correspondente a segunda xornada da Copa Primeira Galicia- Copa Provincial no seu grupo B.

CRÓNICA

Gran partido de Copa do filial do Fisober ante o subcampión de liga, un partido que se lle escapou nos últimos dous minutos onde pagou a súa xuventude cunha convocatoria chea de infantiles sete e tres cadetes.

Arrancaba moi forte o equipo visitante con moitas ocasións que eran desbaratadas por Naira. E a contra despois dun roubo da infantil Lucía Canosa adiantábase o filial costeiro.

Pouco lles durou a ledicia xa que igualaban as herculinas pouco despois. Naira seguía aguantando das súas e as locais tiñan tamén as súas opcións, como unha de Kenny e Laura.

Adiantábanse as visitantes a pouco do fin da primeira metade por medio da fisterrana Leny e a local Lucía Rodríguez evitaba o terceiro baixo paus, chegándose con triunfo pola mínima visitante ao tempo de lecer.

A segunda metade comezaba con susto para as do filial pero entre unha defensora e Naira evitan o gol.

Seguían as ocasións visitantes e a boa actuación da cadete Naira en portería e o longueiro tamén axudou, e na contra Lucía Canosa case marca.

A oito para o fin de novo a infantil Lucía Canosa en xogada individual poñía o gol para o filial costeiro e a igualada no electrónico. As herculinas tiñan ocasións e non definían pola súa banda o filial si aproveitaba as súas, e despois dun roubo de Saray chegaba o terceiro do filial dándolle a volta ao partido.

Saían de cinco as herculinas e Kenny nun roubo case marca. Quen si o fixo foi Lucía Canosa para facer o seu terceiro do partido, poñendo dous goles de vantaxe para o filial a pouco do fin.

E cando parecía xa sentenciado o partido a prol do filial pagou a inexperiencia e recibiu dous goles case consecutivos que deixaron o resultado en igualada a catro.

A vindeira semana toca visita ao Pontedeume en Copa.

++++++++++++++++++++

COPA GALEGA INFANTIL

 FISOBER F.S.F. – VIAXES AMARELLE : 3-1

FISOBER : Sharay, Lucía Canosa, Nerea, Lucía Rodríguez, Lucía Martínez ; tamén xogaron : Uxía, Alexia, Laura, Saray, Ruth.

AMARELLE : Carmen, Olalla, Nuria, Carla, Lucía Yu ; tamén xogaron : Sara, Ana, Cynthia.

ÁRBITRO : Sergio Montoiro

CRONO : Beatriz Pazos.

GOLES : 1-0 min 17 Lucía Martínez, ( descanso ) , 2-0 min 25 Saray, 2-1 min 26 Carla, 3-1 min 34 Lucía Canosa.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a primeira xornada da Copa Galega Infantil no seu grupo A celebrado na tarde do sábado nas I.D. de O Conco en Dumbría.

CRÓNICA

O equipo infantil do Fisober iniciou a Copa cun bo triunfo ante o campión galego infantil como é o Viaxes Amarelle.

Iniciouse o partido cunha boa ocasión para as locais do Fisober ao que respostaron no mesmo minuto as herculinas.

Mediada esta primeira metade tiña unha boa ocasión a visitante Sara. A que respostou o Fisober con dúas ocasións por parte de Nerea e cun lanzamento ao trabe de Lucía Canosa.

A cinco para o fin un lanzamento de Nerea e o posterior rexeite ao que non chegou Uxía por pouco a piques estiveron de poñer en vantaxe as locais.

E a contra intentouno o Amarelle que tivo preto o gol. Un gol que si chegou cando a tres para o fin Lucía Martínez adiantaba as costeiras.

Antes do tempo de lecer as herculinas enviaron un balón ao pau.

Arrancaba a segunda metade con poucas ocasións. A primeria ocasión desta segunda metade foi cun tiro ao pau das herculinas despois dun rexeite no área.

Aos cinco minutos unha contra perfecta entre Sharay e Saray rematou co segundo gol local por parte de Saray.

Pouco lles durou a ledicia xa que un minuto despois Carla poñía o dous a un no electrónico.

Foron pasando os minutos ata que cando se entraba nos últimos de partido as visitantes decidiron arriscar co xogo de cinco. Pero unha presión alta de Lucía Canosa permitiulle roubar e marcar a pracer o tres a un cando faltaban cinco minutos.

Seguiron as visitantes co xogo de cinco pero xa sen premio rematando o partido coa importante vitoria local nesta Copa Galega Infantil.

O seu seguinte partido será o sete de abril visitando A Fervenza.

++++++++++++++++++++++++++

LCFSB COSTA DA MORTE

O equipo alevín-mixto do Fisober gañaba o seu partido fronte ao Camariñas F.C. por oito a tres. Un partido disputado na tarde do venres no P.M. de Muxía.

Participaron no partido : Miguel ( porteiro ), Iago, Pablo, Lara, Noa, Marta, Sabela, Javi e Anxo. Os goleadores foron : Iago en tres ocasións, Pablo en dúas, Marta, Javi e Anxo en unha.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es-

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos menos ca outros, (de repercusión moi inferior), nun día, semana ou mes.

-Axudándonos a funcionar, axudaraste a que che coñezan-