Faltaba por saber quen acompañaría o Porteño na Gran Final da “LIX Copa da Costa”. O equipo da Ponte do Porto deixaba na cuneta o Muxía o venres 24 de Maio, no encontro adiantado a fin de semana por ter que xogar ambos equipos o encontro de volta da Promoción de Ascenso a 1ª Galicia. Tralo choque no que os porteños lle remontaron un 0-2 aos muxiáns para vencer por 4-2, e do que vos trouxemos contada información tralo choque, este pasado Domingo o Dumbría e o Ponteceso xogaban no Conco por outro fosto na finalízime. Os de Dumbría chegaban cunha ventaxe de 0-1 do encontro de ida no “Pigule”. Resultado axustado e podía pasar de todo. Aquí tedes a versión do sucedido por parte dos adestradores de ambos equipos, Pablo Conde por parte do CF Dumbría e Julio Vila por parte do Ponteceso SD.
O Dumbría buscará a sua cuarta Copa da Costa.
CF Dumbría 2-0 Ponteceso SD
Na ida : 0-1 para o Dumbría
Día : 26/05/2024
Hora : 17:15
Campo : O Conco, (Dumbría)
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : ” Foi un partido intenso, típico de Copa. Eles saíron moi intensos e presionantes e a nós custóunos entender cómo elaborar. Fomos asentándonos no partido e xa puidemos estar máis en campo contrario, e froito deso chegou o gol de Lucas, que nos dou tranquilidade. Na segunda parte creo que controlamos máis. Non foi un partido de bo xogo, pero o Ponteceso non foi quen de crear perigo. No desconto marcamos o definitivo 2-0″.
Julio Vila, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O Dumbría fixo valer a súa mellor condición física para levar o partido onde mellor se desenvolve con moito ritmo e intensidade. Nós intentamos sorpréndelos collendo 1×1 o principio e poder ter algunha oportunidade pero non fomos quen. Co gol de Lucas eles practicamente sentenciaron a eliminatoria. Son moi seguros atrás e é difícil facerlle oportunidades. Ainda que o intentamos non puidemos facer máis. Foron xustos vencedores. Moita sorte as duas equipas para a final e que Deus reparta sorte. Felicidades…”.
CF Dumbría : Ánxo, Samuel, Pablo Paz, Brais, Raúl, Lucas Toba, José Caamaño, Miller, Daniel, Baba e Álex Sánchez. Tamén xogaron : Alejandro, Antón, Sergio, Álex Blanco, Gabriel, Adrián e Carlos.
Ponteceso SD : Damián, Jesús, Eloy Trigo, Iván, Eloy Álvarez, Abel, Javier, Ángel, Luca, Martín e Pedro. Tamén xogaron : Samuel, Adrián, Juan, Alberto Recarey, Hadrián, David e Raúl.
Goles : 1-0, Lucas Toba, (30´); 2-0, Daniel, (92´).
Árbitro : Manuel Castro Mouzo, asistido nas bandas por Óscar Santos e Carlos Señarís. Amonestou polo Dumbría a Miller, Ánxo, Raúl, José Caamaño, Daniel e Lucas, e polo Ponteceso a Javier e Julio Vila.
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Dumbría : FaceBook do clube.