CRÓNICA : DERROTA DUN MERMADO FISOBER MASCULINO DA PREFERENTE FS ANTE O ALTO DO VENTO FS, (7-3).

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA

Saudo dos equipos no Santa Isabel.

ALTO DO VENTO FS  7-3 FISOBER FSF

ALTO DO VENTO FS BIGMAT LUCAS: Iván, Rubén, Álvaro, Óscar, Brais Aldrey. Tamén xogaron : Nico, Martín, Brais, Nicolás, Pablo, Nunes, e Pablo Bas.
FISOBER FS: Brais, Iván, Juan Emilio, Champi, Mario Ferreiro. Tamén xogaron : David, Javi, Edgar, Suso, e Mario Areas.

ÁRBITROS: Aya Fathallah, Manuel Castro, Vanesa Varela.

GOLES: 1-0 min 1 Brais Aldrey, 2-0 min 10 Martín, 3-0 min 11 Brais Aldrey, 4-0 min 24 Álvaro, 4-1 min 24 Champi, 4-2 min 25 Iván, 5-2 min 26 Pablo, 5-3 min 28 Iván, 6-3 min 30 Brais, 7-3 min 32 Nicolás.

INCIDENCIAS : Partido correspondente a 20ª xornada de liga disputado na tarde do sábado no PM Santa Isabel de Santiago de Compostela.

 

 

CRÓNICA

Competiu ben a pesares das baixas o Fisober que non foi quen de puntuar na visita a capital de Galicia. Non poderían comezar peor as cousas para os visitantes xa que Brais Aldrey marcaba no
primeiro minuto. A pesares desto refíxose o conxunto costeiro e cun roubo de Mario Ferreiro que se foi de todos os que lle saíron o seu paso, pero despois de regatear o porteiro o seu disparo foise lambendo o pau.

Mediada esta primeira metade chegaron dous goles seguidos dos locais para o tres a cero. Seguiu intentado o Fisober e Mario Ferreiro no segundo pau e Suso a reviravolta tiveron boas ocasións para acurtar diferenzas pero co tres a cero chegouse o tempo de lecer.

A volta de vestiarios chegou un novo gol local por mediación de Álvaro. E cando peor pintaban as cousas para os costeiros, primeiro un gol de Champi e despois un de Iván, voltaban poñer ós
costeiros no partido. Pablo marcaba para os locais e novamente Iván para os visitantes para deixar o cinco a tres mediada a segunda metade. Un gol de Brais e outro de Nico puxeron o definitivo sete a tres, nun divertido e interesante partido.

Entra nun mes decisivo ó Fisober que recibe na próxima xornada ó Lugo B.

 

-Fotos e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies