CRÓNICA DERRADEIRA XORNADA DA LIGA DA COSTA : “POLÉMICA COS PLAY-OFF E DESCENSO DE VOLANTES E BAIÑAS QUE ACOMPAÑARÁN O CAMELLE”.

 

Tal e como vos apuntamos na previa a derradeira xornada da Liga da Costa tiña como único conto por resolver o enfrontamento antre o Baiñas e o Volantes de Baño para ver cal dos dous quedaría fora do descenso direto e cal estaría a procura de evitar o descenso seo Baio conseguía manter a categoría na 1ª Galicia e non facer que houbese un arrastre. O Baio xogou na mañán do Domingo e caía derrotado polo Tordoia por 4-1, o que facía que os baieses ratificasen o seu descenso de categoría, polo que o encontro Baiñas-Volantes pasase dun choque que podería ser vital, a ser un choque depresivo, con ambos equipos xa descendidos.

A polémica chega cos Play-Off, xa que un os enfrontamentos coinciden cas semifinais da Copa da Costa, nas que hai un Porteño-Muxía, (dobre partido), polo que ambos equipos perderán moito no económico e no futbolístico o coincidir estes enfrontamentos, xa que deberán pasar a eliminatoria dos Play-Off ao medio da semana, ou o que é o mesmo fora da fin de semana. Dende os muxiáns apúntannos que proporán que se xoguen os días 17 de Maio, “Día das Letras Galegas” e sete días despois o 24 a volta, (ambos en venres). Outro problema máis dunha Copa da Costa tan mal planificada e que esperemos que non se repita.

As eliminatorias de Play-Off de ascenso son Outes-Muxía e Mazaricos-Porteño. Os vencedores deberán xogar outra eliminatoria a dobre partido para saber quen acompañará o Castriz a 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago.

 

O Muxía entergoulle un ramo de flores a Borja, fillo de Alejandro Torrado, (D.E.P.), que tristemente nós deixaba fai uns días despois dunha dura loita co cancro. Ademáis no encontro antre  muxiáns e cormeláns na Arliña gardouse un sentido minuto de silencio.

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 80 

 Muxía : 61

 Porteño : 58

 Mazaricos : 56

Outes : 54

 Ponteceso : 48

 Corme : 48

 Camariñas : 42

 Cabana : 40

10º Coristanco : 38

11º Monte Louro : 37

12º Cee : 32

13º Muros : 27

14º Volantes : 20*

15º Baiñas : 20

16º Camelle : 14

 

* Descenso por arrastre

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Marina Busto

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies