CRÓNICA DERRADEIRA XORNADA DA 3ª DA COSTA : “O CORCUBIÓN ASCENDE DIRETO E A PROMOCIÓN SERÁ : LIRA-SOFÁN E OZA-SONEIRA”.

 

Faltaba saber na derradeira xornada da 3ª da Costa quen sería o que ascendía direto co campión, Xallas, tal e como xa vos apuntábamos na previa. Tres encontros xa se xogaron sábado, dos que vos trouxemos as crónicas e nos do Domingo había dous de trascendencia, o que se xogaba no Novo Cubaleiro antre o Corcubíón e o Sporting Zas, e oq eu se xogaba en Xallas, (Cee), antre o colista, Ameixenda, eo lira. No primeiro estaba en xogo o posto de ascenso coma subcampión, e no segundo a praza de promoción que quedaba por pechar matematicamente.

 

A vitoria do Corcubión sobre o Sporting Zas, (2-1) fixo que os cocubioneses desbancaran da segunda praza o lilial do Sofán, que loitará por unha das duas prazas de ascenso que da este ano a promoción ante o Lira, que derrotaba o Ameixenda e aseguraba a 6ª praza. Na outra eliminatoria o Oza recibirá o Soneira, e vai partido de tolos tiveron o sábado. Un choque no que o Soneira íase a vestiarios no descanso gañando 0-3 e na segunda metade recibeu 4, para quedar 4-3. Ambas eliminatorias comezarán a vindeira fin de semana e como decimos, ascenden os dous equipos vencedores das eliminatorias, ao contrario ca o que se levaba sempre, de haber logo unha eliminatoria final e subía un só.

A nosa máis cordial noraboa ao Corcubión e a tódolos que o forman o UD Corcubión, xogadores, diretivos, axudantes do clube e afeccionados.

 

CLASIFICACIÓN FINAL

Xallas : 72 

Corcubión : 61

 Sofán B : 61

 Soneira : 55

Oza : 52

 Lira : 46

  Cerqueda : 43

 Zas : 42

Malpica : 39

10º Buño : 36

11º Seaia : 30

12º Laxe : 27

13º Pereiriña : 25

14º Nantón : 13

15º Ameixenda : 0

****

-Verde : Ascenso direto

-Granate : Promoción

 

-Foto : Prensa Sporting Zas/UD Corcubión

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies