PREFERENTE GALICIA
LIGA AUTONÓMICA
Importante trunfo do Fisober en Narón.
ORTEGAL OIL A FERVENZA B 1-2 FISOBER F.S.F.
A FERVENZA B : Inés , Claudia, Julia, María, Iria ; tamén xogaron : Clara, Irene, Sara, Alba, Tania, Sofía, Antía.
FISOBER : Lía, María Maroñas, Mai, Paula Fandiño, Kenny ; tamén xogaron : María Dumbría, Adriana, Carre, Sharay, Uxía.
ÁRBITROS : Rubén Pena, Ramón J. Bujía.
GOLES :0-1 min 3 Paula Fandiño, ( descanso ), 1-1 min 31 Iria, 1-2 min 34 Mai.
Partido correspondente a décima xornada de Liga Preferente Galicia – Liga Autonómica disputado na mañán do domingo no P. de As Lagoas de Narón.
Importante triunfo do Fisober nun partido moi igualado ante o filial do equipo de segunda división nacional que as fai rematar a xornada na sexta posición.
O partido iniciouse ben para as costeiras cun gol temperán de Paula Fandiño que lles daba tranquilidade as súas.
Era a segunda vez que se enfrontaban ambos conxuntos esta tempada que xa se viran as caras en pretempada no torneo organizado polas de Ferrolterra e que tamén se levaran as costeiras. Ademais era o terceiro dos enfrontamentos entre equipos do Fisober e A Fervenza este fin de semana tralos do venres en infantil e cadete.
Non trocou xa nada na primeira metade e co resultado de cero a un a prol do Fisober chegouse ao tempo de lecer.
A volta de vestiarios o partido continuou polos mesmos derroteiros sendo igualado e con algunha ocasión para ambos equipos.
Pero a xogada que puido ser chave chegou cando mediada esta segunda metade o colexiado sinalaba un discutido penalti, no que as costeiras pensan que non foi nin falta e de selo sería fora do área.
As locais igualaban o partido pero as costeiras non se viñeron abaixo a pesares do gol e pouco despois Mai que exerce coma capitana dende a lesión de Ana , marcaba o segundo gol costeiro que ao fin lle deu o triunfo as costeiras.
Ata o fin do partido o Fisober resistiu o empuxe local e levouse un importante triunfo de Narón.
A nota negativa foi unha nova lesión, esta vez tocoulle de novo a Adriana, que fai que as costeiras vivan entre algodóns cada semana e rezando para que non caia ningunha outra xogadora nesta nefasta tempada en forma de lesións.
A vindeira semana chega a Dumbría o Academia RedBlue 5 Coruña noutro importante partido para as costeiras e nas que novamente estarán toda a semana preocupadas polo estado físico das súas xogadoras.
CATEGORÍAS INFERIORES
O Infantil Feminino, (negro), en xogo en Baiñas.
Fin de semana con catro partidos para as categorías inferiores do Fisober pero no que os resultados non axudaron e con derrota incluso no último segungo.
Para o venres quedaban os partidos do infantil e cadete feminino que compartían rival no P. de Baíñas.
O primeiro en entrar en liza foi o infantil na Liga Autonómica Infantil Feminina e dentro da 5ª xornada de liga con resultado de dous a tres a prol do Radiocar A Fervenza.
Polo Fisober participaron : Alexia, Laura Blanco, Ruth, Paula, Sabela ; tamén xogaron : Noa, Lara, Marta.
Os dous goles costeiros foron obra de Paula.
Despois tocáballe ao cadete na Liga Autonómica Cadete Feminina e dentro da quinta xornada de liga con resultado de tres a catro a prol do Error Ferrol A Fervenza no que un gol no último segundo deu o triunfo as visitantes.
Polo Fisober participaron : Alexia, Kenny, Uxía, Lucía Canosa , Sharay ; tamén xogaron : Andrea, Nerea, Lucía Rodríguez, Paula, Lucía Martínez.
Os goles costeiros foron obra de Nerea, Kenny e Lucía Canosa.
Para o domingo quedaban os dous partidos do infantil e cadete masculino nas I.D. de O Conco en Dumbría.
O primeiro en entrar en liza foi o infantil na Liga Primeira Galicia Infantil Masculina e dentro da 7ª xornada de liga co resultado de cero a seis a prol do Alto do Vento F.S. e no que a sorte foi esquiva aos costeiros con máis de media ducia de tiros aos paus.
Polo Fisober participaron : Borja, Mario, Pablo, Álex Blanco , Iago ; tamén xogaron : Brais Dono, Javi, Juli, Suso, Álvaro.
Despois era o turno para o cadete na Liga Primeira Galicia Cadete Masculina e dentro da 7ª xornada de liga co resultado de dous a doce a prol do Stellae F.S. no que o líder pasou coma un ciclón por Dumbría.
Polo Fisober participaron : Álex Sánchez, Isaac, Manu, Carlos, Mario ; tamén xogaron : Leo, Adan Cernadas, Brais Noceda, Sergio.
Os goles costeiros foron obra de Isaac e Brais Noceda.
-Fotos : Fisober FSF
-Texto : Luis Sambad
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.
Teléfono
+34 626 72 00 47
Email
admin@piratasdemuxia.es
Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.
ACEPTAR