CRÓNICA DA 30ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “MUXÍA SUBCAMPIÓN, E 3 EQUIPOS PENDENTES DOAS PROMOCIÓNS E DOS ARRASTRES”.

 

Rematou este pasado Domingo 29 de Abril do 2023 a 2ª Galicia G2, a Liga da Costa, como todos chamamos e se por arriba só quedaba saber quen sería o subcampión, por abaixo houbo moita tensión xa que poden ser moitos equipos os que descendan, o ano pasado caeron nos arrastres 3 equipos, ademáis dos 3 que xa baixaban diretamente, e este ano vai camiño do mesmo.

Co San Lorenzo de Verdillo xa campión dende fai duas semanas, o Muxía CF tiña que gañar, ou facer o que fixese o Corme CF, para acabar segundo, e nun choque a cara de can na “Arliña”, o UC Cee plantou guerra e foi duas veces por diante no marcador. Acabou a primeira metade co resultado de 0-1, con gol do pichichi da liga, Isaac Fábregas, que transformaba un penalti, e a volta de vestiarios repatía para o 0-2. Nun arranque de poderío os muxiáns em`pataban nun minuto, con goles de Fran Moreira e Manu Nogueira, pero un novo penalti, de novo transformado por Isaac, poñía de novo aos ceenses por diante, pero aparecía un dos grandes capitáns dos da Vila da Barca, Michael, para poñer de novo as táboas, e nun choque no que o máis xusto sería o empate, polo derroche de ambos conxuntos, Fran Moreira poñía de penalti o definitivo 4-3. Agora os muxiáns esperan a promoción e a Copa.

O Corme CF tamén fixo os deberes e gañou ao CD Muros , (2-5), nun choque máis igualado na primeira metade, que acababa 1-1, con goles de Xabier e Isra. Un penati aos 10 minutos da reanudación, que transformaba Alejo, era o final do Muros e o dominio absoluto dos cormeláns que se poñían 1-5, con goles de Borja e Alejo, que con dous máis completaba un “Hat-trick”. Xabier de penalti pechaba o encontro.

A emoción maior da liga estaba na parte baixa co Oza, Cerqueda e Corcubión xa descendidos, a terna por outros 3 postos de perigo estaba servida para 6 equipos, Cee, Coristanco, Muros, Cabana, Monte Louro e Volantes. A derrota do Cee e do Muros non tivo graves consecuencias, gracias a que o Cabana non foi quen de derrotar o Cerqueda, (4-3), que partía como colista, pero que chegou a ir 3-0, e vía na segunda metade como lle igualaban o encontro os cabaneses, que sufrían o xarro de auga no desconto final, co gol de Lorenzo para os cerquedenses, e que deixa aos de Cabana ca mirada posta na promoción do Muxía e o Corme, e dos descensos na 1ª Galicia.

O Coristanco derrotaba ao Outes, (1-3), e subía peldaños para asegurar a categoría, e non eran quen de gañar nen Monte Louro nen Volantes, que teñen moitas papeletas de caer a 3ª da Costa, da que ascenderon Baiñas, como campión, Porteño, segundo, e na promoción o Camelle.

 

CLASIFICACIÓN FINAL

 

 

-Texto e Foto : Xosé Búa “Pirata”