Paula Fandiño, 8der.), fixo os dous goles das dumbriesas.
Por unha operación nun ollo non podo estar exposto moito tempo a pantalla do ordenador, polo que de momento non vos poido traer as crónicas como cada tempada. Aquí tedes un pequeno comentario sobre como lles foi as 3 equipos que temos da costa na 2ª Galega Feminina G2 :
SEGUNDA DIVISIÓN FEMININA G2
-2ª Xornada-
-22/09/2024-
Cultural Maniños 1-3 Xallas FC,
Orzán SD B 4-0 Brexo Lema
PM Friol B 0-4 UD Carral
Silva SD 1-9 UC Cee
Orillamar SD 0-4 Sporting Burgo
CF Dumbía 2-6 SCD Pastoriza
SD Tordoia 1-0 Sporting Meicende
UDJ Almeiras 1-1 CD Lugo B
Duas vitorias e unha derrota foi a bagaxe dos nosos equipos na 2ª tirada da 2ª División Galega Feminina G1, e aquí tes como transcurrion os encontros. Repetiron vitoria as ceenses e as xalleiras, coas de Cee no máis alto por golaveraxe e non puido ser para as dumbriesas que viñan de derrotar na primeira xornada o Dporting Meicende a domicilio, (1-2).
O Xallas visitaba ao Cultural Maniños en Fene, (1-3), e foron as de Eloy García as que se adiantaban aos 9 minutos de xogo por medio de Yaiza, resultado de 0-1 co que se chegaba o descanso. Nada máis comezar a segunda metade Andrea igualaba a contenda, (49´), e cando se chegaba ao derradeiro cuarto de hora do encontro cando Noelia poñía o 2-1. Xa no desconto final Claudia facía o terceiro das xalleiras para matar calquer atisbo de empate para as de Ferrolterra.
Contundente vitoria do Cee ante o Silva, (1-9), nun choque que xa deixaron solventado na primeira media hora de xogo, cun craro 0-5 con goles de Paula Veiga, 83), Nerea e Naiara. O gol da honra para as do Ventorrillo chegaba no 56, e representaba o 1-5. Silvvia, Lucía Ramos e Paula, por partida dobre, e un gol en propia porta da local, Cristina, completaban unha goleada histórica a domicilio do conxunto de Rafa Suárez.
Dolorosa derrota das de Santi Cubelo ante o Pastoriza no Conco, (2-6), nun choque no que sairon mellor as norteñas que se poñían a media hora de xogo cun craro 0-3, con goles de Lucía, Noa e Antía. Xusto antes de irse o descanso Paula Fandiño facía ó 1-3 que daba esperanzas de cara a segunda metade, pero dous goles de novo de Lucía, (52´e 59´), rompían calquer reacción do Dumbría. Repetía Paula Fandiño pasada a hora de xogo e o transformar unha pena máxima, 864´). A visitante Lucía completaba o seu gran partido o facer o definitivo 2-6 no 77.
O Xallas suma duas vitorias ao igual co lider Cee.
-CLASIFICACIÓN-
-2ª Xornada-
1º UC Cee : 6 puntos
2º Sporting Burgo : 6 puntos
3º Xallas FC : 6 puntos
4º SCD Pastoriza : 6 puntos
5º Orzán SD B : 4 puntos
6º UD Carral : 4 puntos
7º SD Tordoia : 4 puntos
8º Brexo Lema SD : 3 puntos
9º CF Dumbría : 3 puntos
10º CD Lugo B : 2 puntos
11º UDJ Almeiras : 1 puntos
12º Sporting Meicende : 0 puntos
13º PM Friol B : 0 puntos
14º Orillamar SD : 0 puntos
15º Cultural Maniños : 0 puntos
16º Silva SD : 0 puntos
-PREVIA-
-3ª Xornada-
-29/09/2024-
Cultural Maniños-Orzán SD B
Brexo Lema–PM Friol B
UD Carral-Silva SD
UC Cee–Orillamar SD, ás 12:00 horas
Sporting Burgo,CF Dumbía, ás 19:30 horas
SCD Pastoriza-SD Tordoia
Sporting Meicende-UDJ Almeiras
Xallas FC-CD Lugo B, ás 16:30 horas
P.D. : A data e os horarios poden trocar, poñerémolos fixos na “Axenda Pirata” o venres. Estes son a día de hoxe.
-Fotos : Veteranos Dumbría FaceBook/Xosé Búa “Pirata”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”