CRÓNICA : BERGANTIÑOS FEMININO 5-2 CF NOIA : “SEGUNDA VITORIA CONSECUTIVA NUN ENCONTRO MOI COMPLETO DAS BERGANTIÑANAS”.

Na 1ª xornada as carballesas batían o Arousana, (0-1).

 

Bergantiños FC 5-2 CF Noia

Partido completo das bergantiñanas que xa deixaban moi encarrilada a vitoria nos primeiros 45 minutos, nos que sw poñían 2-0, con goles de Cruz, (18´), e Sofía, (28´). Nada máis comezar a segunda metade chegaba o terceiro por medio de Isa, (51´), e sen tempo a asimilallo por parte das noiesas, repetía, Isa, (54´), para deixar o choque resolto.

Baixou a intensidade e aproveitou o seu intre o equipo da Terra do Berberecho, para estrear o seu marcador, Noelia primeiro, (62´), e Melania despois, (77´), acurtaban distanzas, pero Sofía, curtaba calquer tipo de reacción co definitivo 5-2.

Segunda vitoria consecutiva das de Gueli Cotelo, que son xunto co CD Lugo, (lider por golaveraxe), e o Sárdoma CF “B”, as únicas que suman duas vitorias nas duas xornadas disputadas.

Próxima xornada

O Bergantiños FC Feminino visita na 3ª xornada de liga ao SDC y R Narón O Freixo, no “Río Seco”, o Domingo 2 de Outubro a partires das 16:30 horas.

-Foto : Bergantiños FC Departamento de Prensa

-Texto : piratasdemuxia