1ª División Galega Feminina
“Once” do Bergan ante as coruñesas.
Bergantiños FC 2-1 Victoria CF “B”
Partido da zona alta o que se xogaba en As Eiroas, entre o Bergantiños e o Victoria FC. Nos primeiros minutos abría o marcador Trillo logo dunha segunda xogada de Zaida despois dun saque de esquina, eso puxo tranquilade para que o Bergan tivera posesión de balón buscando facer daño na zona final, onde Cruz tivo unha gran oportunidade pero errou ante a meta rival.
As visitantes replegadas atrás, buscaban velocidade nas contras pero sen crear un perigo real. A capitana Cruz antes do descanso si estaba acertada, e nunha xogada persoal ante 4 rivais cruzaba o balón ante a saída da porteira para poñer o 2-0.
A saída dos vestiarios as santiaguesas subiron liñas arriscando un pouco máis na zona defensiva, iso fixo que o partido se rompera con ocasións claras para ámbolos lados onde as porteiras se mantiveron fortes para os seus equipos parando todo que chegaba ás súas áreas.
No treito final, unha de cal e outra de area para o Bergan, que vía trastocar o esquema coa lesión de Zaida pero o debut da cadete Sarai. No desconto, un zapatazo da dianteira do Victoria dende a frontal coábase pola escadra poñendo o 2-1 definitivo e a emoción para os minutos finais do encontro.
Goles : 1-0, Blanca, (2´); 2-0, Cruz, (32´); 2-1, Carolina, (90´).
Proximo encontro
O Bergantiños comeza a segunda volta recibindo ao Atlético Arousana, 10º clasificado con 21 puntos. O choque será o vindeiro Domingo 15 de Xaneiro ás 12:15 horas, (se non hai troco), no “As Eiroas”, de Carballo. Na primeira volta o equipo bergantiñista derrotaba as arousanas por 0-1, no inicio da liga 2022/23.
Clasificación
As carballesas rematan a primeira volta na cuarta praza, (promoción de ascenso), con 34 puntos, a 1 do CD Lugo, (3º), a 3 do Orzán SD, (2º), e a 4 do lider, Sárdoma CF “B”. Sumaron nesta primeira volta, 11 encontros gañados, 1 empatado e sufriron a derrota en tan só, 3 ocasións.
-Foto arquivo : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto : piratasdemuxia/Prensa Bergantiños FC