Manu Nogueira conduce o balón ante a mirada de De la Sierra.
Xusto tralo remate da tanda de penaltis, pasados uns minutos da 12 da media noite traíamovos o comentario do emocionante encontro antre o Muxía e o Soneira, da man da nosa colaboradora, a peluquera de Os Muiños, Marina Busto, (co local do mesmo nome), afeccionada do Muxía e da fotografía deportiva. No día de hoxe e tal como vos prometemos aquí tedes a visión do encontro por parte dos adestradores, un deles, o do Soneira, Pedro Gómez ca sua despedida do clube vimiancés tras 7 anos no mesmo e ao que agradecemos a sua colaboración connosco nestas 7 tempadas e desexarlle unha vez máis o mellor no futuro.
Muxía CF 1-1 Soneira SD
(Nos penalrtis 5-4)
Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Partido moi bonito de xogar, moita xente nas gradas e un gran ambiente.
No primeiro tempo o partido estivo igualado, o Soneira con máis posesión pero sin demasiado perigo, e nos a contra facíamos dano. Mauro, tras tocar nun defensa, bate o porteiro rival e poñémonos por diante. Logo do descanso, o Soneira encerrounos máis, pero Mauro, Fran, Pose e Iago, puideron sentenciar en contras. Tras quedarse eles con 10, sufrimos moito menos, pero no minuto 94 tras un rexeite, empatan o partido.
Na prórroga, quedan con 9 por derrubar a Fran cando encaraba o porteiro, o ritmo baixou moito, polo cansancio e eles o estar en inferioridade numérica. Dispuxemos de ataques bos pero sin sorte. Nos penaltis, Joselu para o segundo a Borja Gándara, (o mellor xogador do partido na miña opinión), e nós non fallamos ningún. Michael Vilela, o xuvenil Eloy, Anxo, Fran e Maikel converton os seus lanzamentos. A nota negativa son as lesións de Manu e Adrián, esta última parece máis grave, esperemos que se quede nun susto.
Pedro Gómez, (Adestrador do Soneira SD) : “Foi un partido na primeira metade na que penso que fomos moi superiores. Fomos quen de superar a línea de presión do Muxía e profundizábamos con facilidade, sobre todo polo lado esquerdo. Tivemos ocasións moi claras por medio de Basti, Javi, Borja ou Pichi. Nunha xogada aillada chegou o gol do Muxía cun gran remate de Mauro. Na segunda metade a idea seguía sendo a mesma pero penso que nos precipitamos en exceso. A expulsión de Richi e as innumerables interrupcións fixeron que nos faltara continuidade no xogo e botounos un pouco do partido. Nunha das últimas xogadas Basti tras un rexeite no pau facía o empate.
Na prórroga tivemos que seguir remando a contracorriente ca expulsión nada máis comezar de Aarón. Tivemos que xogar os 30 minutos con 9 homes pero tampouco sen sufrir en exceso as chegadas do Muxía. Nos penaltis foi onde se decantou o partido a favor do Muxía”.
Muxía CF : Joselu, Michael, Congui, Fran Moreira, Adián Alcaina, Manu Nogueira, Álex, Maikel, Isma Pose, Kevin, e Mauro Romaní. Tamén estiveron : José Lema, Javi, Ánxo, Eloy e Iago Muiño.
Soneira SD : Javier, Ángel, Aarón, Javi Souto, Basti, Borja, De la Sierra, Adrián lema, Crístian, Ricardo e Fabián. Tamén estiveron : Álvaro, Darío, Álex Figueiras, Noya e Gesto.
Goles : 1-0, Mauro Romaní, (35´); 2-0, Basti, (93´).
Penaltis : Muxía : Marcan : Michael, Eloy, Fran Moreira, Ánxo e Maikel Mouzo. Soneira : Marcan : Javi Souto, Fabián, Crístian e Adrián Lema. Falla : Borja.
Ábitro : Alberto Pombo Parga asistido nas bandas por Iván Vilanova e Roberto Baña. Amonestou polo Muxía a Fran Moreira, Maikel Mouzo, Joselu e Ánxo. Polo Soneira amonestou a Basi e expulsou con dobre cartón a Richi, (63´e 81´), e con vermello direto a Aarón no comezo da prórroga.
-ASÍ QUEDAN OS CUARTOS-
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”