-Cuartos de Final da “58ª Copa da Costa”-
Manu Nogueira fixo o gol dos muxiáns.
Muxía e Xallas xogaron uns Cuartos nos que partían como favoritos os xalleiros por ser equipo de categoría superior, e aos que ambos equipos chegaban con baixas, e nos muxiáns co desgaste de xogar Domingo-Martes nnas derradeiras duas semanas por mor da copa e a Fase de Ascenso a 1ª Galicia. O encontro valeu para a despedida de Diego Lobelos e Óscar Leis do banco dos muxiáns tras duas tempadas a un gran nivel loitando pola liga nas duas e polo ascenso nesta, xa que na anterior o organigrama só deu un posto de ascenso, asimesmo a pasada tempada semifinalistas da Copa da Costa e nesta en Cuartos caendo ca cabeza alta.
O noso desexo de sorte a Diego e Óscar no seu próximo proxecto e o agradecemento a sua colaboración cada encontro ca nosa web, agora e dende sempre. Ademáis ambos son “Pirata de Honra do Fútbol Base da Costa”, polo seu traballo na base do CF Dumbría cando militaban alí.
No día de onte e tralo remate do encontro traíamosvos un avance do encontro da man da nosa colaboradora Marina Busto, e hoxe aquí tedes a visión dos dous adestradores.
Muxía CF 1-3 Xallas FC
Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “O partido empezou con dominio xalleiro, tendo o balón e meténdonos no noso campo, sin crear excesivo perigo. Nun saque de banda que é o noso favor, o árbitro sinala que o balón é xalleiro, cóllennos desordeados e fan un bo gol. Pouco despois Juan de Celia marca de cabeza. Parecía que o partido ía acabar en goleada, máis aínda ca lesión do capitán Michael Vilela. Pero aguantamos ata o descanso sufrindo os ataques deles e nós xerando algún contrataque. Fran quédase man a man co porteiro rival tras un balón cara atrás dun defensa xalleiro, sinálase fora de xogo.
Na segunda metade estivemos mellor, e nos mellores minutos nosos, unha obra de arte de Juan de Celia permite a Capelo facer o 0-3. Ca entrada de Manu, o partido cambia, creamos varias ocasións claras, o propio Manu marca a pase de Mauro. Fran tivo unha moi boa para meternos de cheo no partido, pero o porteiro salvou ben o ataque. Intentouse ata o final pero as forzas ían a menos”.
Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido onde entramos moi ben e fomos quen de poñernos 0-2 na primeira metade na que tivemos o control. A segunda foi un partido máis de ida e volta e fixemos o terceiro, un gol que a verdade foi un golazo. Juan de Selia só diante do porteiro písaa hacia atrás para que meta Capelo, e a partires de aí cando parecía que xa estaba o encontro sentenzado chegou o gol de Manu que os meteu no partido e perdeuse un pouco o control e fíxose un choque emocionante, pero creo que en liñas xerais fomos superiores. O que nos queda de amargura neste encontro é que se xa víñamos con baixas a lesión de Doro e a de Diego, a ver como chegan a fin de semana, quizais sexa o peor. Pero tamén é algo normal pois estásenos a facer longa a tempada e a ver se damos recuperado xente para o Domingo”.
Muxía CF : Joselu, Ánxo Pose, Michael, Gusa, Congui, Fran Moreira, Álex, Iago Muiño, Isma Pose, Kevin e Mauro Romaní. Tamén estiveron : Ángel, Javi, Manu Nogueira, Darío e Xan Nogueira.
Xallas FC : Iván Couto, Aitor, Caneda, Doro, Carlos Riero, Jorge, Xan, Samuel, Esteban Capelo, Brais, e Juan de Selia. Tamén estiveron : Iker, Diego, Alejandro, Sergio Barbeira e Ángel.
Goles : 0-1, Xan, (8´); 0-2, Juan de Selia, (20´); 0-3, Esteban Capelo, (60´); 1-3, Manu Nogueira, (79´):
Ábitro : Manuel Rodríguez Rojo, con Manuel Espasandín e Iván Vilanova nas bandas. Expulsou antes do descanso o adestrador dos muxiáns, Diego Lobelos e o meta suplente muxián Ángel no banco, e no 72 a Michael, que saira lesionado no 29. No Xallas amonestou a Xan Caridad.
SEMIFINAIS
11-18/06/2023
CD Baio-CF Dumbría
Domingo 11/06/2023 ás 16:30 horas
SD Sofán-Xallas FC
Domingo 11/06/2023 ás 19:00 horas
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/adestradores