PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
-XORNADA 8-
FISOBER FSF 3-4 A ESTRADA FUTSAL
FISOBER: Brais, Champi, Iván, Iago, Carlos; Tamén xogaron: Mario, Suso, Vicente, Juan Emilio, Adrián, Cuki, Pablo.
ESTRADA: Borja, Noel, Martín, Diogo, Fran; Tamén xogaron: Adrián, Edu, Joaquín, Rafa, Luis.
ÁRBITROS: Fernando Martínez, Aya Fathallah, Nicolás Antonio Cutrone.
GOLES: 0-1 min 2 Noel, 1-1 min 6 Iago, 2-1 min 19 Cuki, 2-2 min 29 Joaquín, 3-2 min 30 Pablo, 3-3 min 33 Martín, 3-4 min 34 Martín.
INCIDENCIAS : Partido correspondente a oitava xornada de liga Preferente Galicia disputado na noite do venres nas ID de O Conco en Dumbría.
CRÓNICA
Partido moi serio do senior masculino aínda que por veces con pouco ritmo, no que os costeior souberon sobreponerse ó tempraneiro gol visitante por parte de Noel. Primeiro con gol de Iago e xusto antes do tempo de lecer cun de Cuki, errando ocasións claras para irse con máis vantaxe ós vestiarios.
Na segunda metade máis do mesmo pero o Fisober non se deu distanciado, empataba o Estrado aproveitando un erro local, pero soubo respostar o conxunto costeiro cun gol de Pablo. O empate a tres no mellor momento dos locais foi un duro golpe. Pouco despois novamente Martín poñía o tres a catro despois dun regalo local.
Dende aquí ata o final xa non houbo marxe de reacción a pesares de intentalo ata co xogo de cinco. Nos minutos finais xogouse o que quixo o conxunto visitantes grazas a súa veteranía.
A vindeira semana toca visitar ó Pasarela Ribeira B en terras lucenses.
-Fotos e texto : Prensa Fisober/Luis Sambad