CRÓNICA : “A FALLA DE PUNTERÍA CONDENOU A UN FISOBER MASCULINO QUE MERECEU MOITO MÁIS”.

PREFERENTE FUTGAL MASCULINA 

FISOBER FSF 2-4 RIBEIRA FS “B”

FISOBER: David, Pablo, Iago, Juan, Mario Ferreiro. Tamén xogaron : Brais, Edgar, Mario, Suso, Carlos, Javi.

RIBEIRA “B”: Cristian, Unai Waldir, Gheorghe Cristian, Anton, Mael. Tamén xogaron : Marcos, Javier, Rubén, Bruno.

ÁRBITR@S: Uxía Castro, Carmen Rodríguez, Nicolás Antonio Cutrone.

GOLES: 0-1 min.15; 0-2 min.21, 1-2 min.25 Iago, 1-3 min.33, 2-3 min.34 Juan, 2-4 min.39.

INCIDENCIAS : Partido disputado na mañá do sábado nas IDM O Conco de Dumbría.

 

CRÓNICA

Bo partido do Fisober, ao que tan só a falta de acerto a portería rival, sobre todo na primeira metade, os separou de sumar algún punto ante un rival que chegaba como 5º clasificado e con serias opcións de xogar o playoff de ascenso a 3ª División.

Comezaba presionando ben o conxunto costeiro e tendo balón, nuns primeiros minutos de tanteo sen ocasións para ningún dos equipos, ata que chegou un primeiro arreón local con varias chegadas tanto de xogada como en estratexia, pero tódolos intentos atopaban un muro que acabaría sendo decisivo, o porteiro lucense.

Mediada esta primeira metade, logo de 2 man a man e algunha outra ocasión perigosa, ademáis de boas paradas de David para manter a igualada, chegaba o tanto visitante nun tiro lonxano que provocaba un rexeite na área do Fisober que se convertía no 0-1, co que se chegaría ó descanso.

Logo do paso por vestiarios, o Ribeira “B” sacaba de centro e en 15 segundos facía o 0-2, un duro golpe para os locais que logo de ter numerosas ocasións, víanse con 2 goles por debaixo sen demasiada explicación.

O paso dos minutos e a boa actuación de Brais fixo que o Fisober volvese a coller folgos e recurtaba distancias ademáis de sumar ocasións sen premio, mentres que a falta de 7 minutos chegaba un momento tolo de partido onde o marcador se poñía 2-3 e parecía que de novo viña o momento dos costeiros, que ata fallaron un remate cando xa todo o pavillón cantaba gol a falta de 20 segundos. Nese mesmo saque de porta chegaba o definitivo 2-4, deixando un gran partido, boas sensacións, pero 0 puntos.

A vindeira xornada desprázanse ata Pontedeume.

-Fotos e texto : Luis Sambad/Prensa Fisober FSF

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies