PREFERENTE FUTGAL MASCULINA
– XORNADA 7-
EMDEN FS 10-7 FISOBER FSF
EMDEN: César, Alejandro Vázquez, Daniel, Miguel, Jorge; tamén xogaron: Anxo, Pelayo, Alejandro Rodríguez, Adrián, Ángel Enrique, Bieito.
FISOBER: Brais, Iván, Pablo, Carlos, Juan Emilio; tamén xogaron: Champi, Suso, Mario Ferreiro, Alejandro, Vicente, Iago.
GOLES: 1-0 min.2, 2-0 min.3, 2-1 min.4 Carlos, 3-1 min.7, 3-2 min.9 Iago, 4-2 min.10, 5-2 min.17, 6-2 min.18; 6-3 min.21 Iván, 6-4 min.21 Carlos, 6-5 min.22 Iván, 7-5 min.24, 7-6 min.25 Carlos, 8-6 min.27, 8-7 min.29 Iago, 9-7 min.32, 10-7 min.39.
ÁRBITROS: Francisco Javier Roldán Pérez, Diego González Pontevedra, Sara Noel Iglesias.
CRÓNICA
Partido correspondente á sétima xornada de liga na Preferente Futgal masculina, disputado na tarde de sábado no Pavillón da Sagrada Familia de A Coruña.
Tarde de goles na visita dos nosos a unha pista coruñesa que non soe ser talismán para o Fisober, que comezaba o encontro moi ben plantado no xogo e con ocasións desde o mesmo saque inicial que non foron quen de aproveitar, ata que era o rival quen se adiantaba no marcador e por partida dobre logo de dous bos contraataques. A cada golpe local en forma de gol, respostaban ben os visitantes recurtando distancias, ata que pouco antes de chegar ó tempo de lecer cunha vantaxe asumible, dous erros na saída de balón supoñían dous mazazos complicados de dixerir nese momento.
O descanso pareceu ser un bo punto de inflexión, e os costeiros saíron decididos a mellorar a súa puntería de cara á meta rival, traducindo as tres primeiras xogadas da reanudación en sendos goles que de novo recurtaban a distancia ata o mínimo. A partir de aquí, volvía a dinámica da primeira metado, cos locais contraatacando e acertando, e o Fisober respostando a cada gol pero sen chegar a conseguir nunca a igualada que permitise algo máis de control da situación, ata o definitivo 10-7 xa cos nosos totalmente volcados á desesperada.
A vindeira xornada o Fisober retorna a Dumbría logo de dúas saídas consecutivas, para recibir ao Estrada Futsal.
-Foto e texto : Luis Sambad