Os equipos a sua saida o terreo de xogo.
SCDR Esteirana 6-0 SD Coristanco
Como xa vos informamos na previa, xogábase a semifinal que quedaba para completar o cadro da final de cadetes e ademáis era a que faltaba das 3 categorías do fútbol 11 de base. Esteirana e Coristanco derimían no Xosé Luis Vara quen sería o rival do Camariñas na finalísima. Primeira metade igualada e na que os esteiráns adiantábanse aos 8 minutos de xogo tras un gol en propia porta de Lires Del Río. Con este resultado chegábase ata o descanso. O encontro rompeuse aos 5 minutos da reanudación cando Miguel batía por segunda vez a Damián. O gol afectoulle aos coristanqueses que se foron arriba e comezaron a deixar espazos, uns espazos que os das Salinas non desperdiciaron e fixéronse donos do encontro e das ocasións, e ca chegada do terceiro por medio de Pablo Fernández, que se converteu na estrela do seu equipo, marcando 3 máis para completar un “set en branco”, como se se tratase de tenis en lugar de fútbol, e conseguindo un “poker de goles” pola sua parte. Con este trunfo os de Esteiro serán os rivais do EF Concello de Camariñas “Juan Cabrejo”, na finalísima do vindeiro 23 de Xuño, en campo e horario por determinar.
Goles : 1-0, Lires del Río, (8´en propia porta); 2-0, Miguel, (50´); 3-0, Pablo, (55´); 4-0, Pablo, (Pablo, (58´); 5-0, Pablo, (63´); 6-0, Pablo, (65´).
Árbitro : Julián Buján Vidal, axudado nas bandas por Joel García e Eloy Vento. Amonestou pola Esteirana a Samuel e Iván, e polo Coristanco a Pablo e Rodrigo.
Gran ambente no Xosé Luis Vara con en torno a 300 siareiros.
Xogada do 1-0 :
ASÍ QUEDAN AS FINAIS DE CADETES, XUVENÍS E INFANTÍS
(Oficialmente todas o 23/06/2024)
-Fotos e Vídeo : Fran Figueroa
-Texto e montaxes . Xosé Búa “Pirata”