CRÓNICA 9ª XDA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS DA COSTA : “O SAN RAMÓN MÁIS LIDER O NON GAÑAR NINGÚN DOS PERSEGUIDORES E POR ABAIXO A LIGA FERVE”.

 

Ningún dos 4 perseguidores do lider San Ramón foi quen de acadar a vitoria, namentras que eles si que o fixeron polo que extenden a diferenza na cabeza da táboa a 5 puntos, xa que nun dos “encontros da xornada”, o SD Coristanco e o Sporting Zas, (3º contra 2º), non pasaban do empate. Cousa que non aproveitou o Ponteceso, que caía de maneira inesperada e no seu feudo contra o Castríz, e tampouco o san Román que caía ante o San Lorenzo. 

Por abaixo, o Corme e Castríz acadaban a vitoria namentras que o Soneira caía no derbi ante o Dumbría, no outro “encontro da xornada”, nun choque crucial para ambos para afastarse da zona quente, e o colista Oza caía ante o veciño Razo, polo que a cousa aprétase pois os colistas están a 3 puntos da salvación. Os ocenses teñen por enriba a Corme, Soneira e Castríz, con 7 puntos, dous máis ca eles, e a Cabana, a 3 puntos e Dumbría a 4, polo que está moi emocionante esta zona da liga, quizais máis ca por arriba.

 

-OS ENCONTROS DA XORNADA-

 

SD Coristanco 1-1 Sportins Zas

Encontro no que se adiantou o equipo zacense por parte de Fabio, resultado co que se chegou ao derradeiro cuarto de encontro intre no que Barca facía o empate, a partires de aí moitas faltas, protestatas e paróns. Os coristanqueses quedaban cun menos por expulsión de Marcos por dobre cartón, (71´e 76´).. O colexiado Luis Insua amosoulle aos locais un total de 7 cartóns, 5 goles no derradeiro treito de encontro. Os visitantes viron un cartón a comezos da segunda metade.

Goles : 0-1, Fabio, (5´); 1-1, Barca, (72´).

Campo : A Rocheira, (Coristanco).

 

 

CF Dumbría 1-0 Soneira SD

Xogouse no Conco un dos clásicos do fútbol veterano da costa, os vimianceses chegaban con moitas necesidades xa que loitan por eludir o descenso, namentras que os dumbrieses nas mesmas lides, non moito máis folgados ca eles tiñan o factor campo para escaparse un pouco destes postos, dos que se atopan agora a 4 puntos, polo que a vitoria era crucial para ambos. Un tanto de David López nos derradeiros intres de encontro dábanlle a vitoria aos dumbrieses nun choque dirixido por David Guerra que lle amosou 3 cartóns amarelos os locais e 4 os visitantes.

Goles : 0-1, David López, (86´).

Campo :O Conco, (Dumbría).

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-PREVIA 9ª XORNADA-

 

 

-Foto arquivo, montaxes e Texto : Xosé Búa “Pirata”