CRÓNICA 6ª XORNDA 1ª GALICIA VETERANOS DA COSTA : “O ATLÉTICO CARBALLO AINDA NON HAI QUEN LLE TOSA”.

 

O Atlético Carballo sigue forte e suma a sexta vitoria en seis encontros e por detrás ten o veciño Cances que a 2 puntos vencía pero con moitos apuros o Nantón. Tamén o facía o terceiro en discordia a 5 puntos do Atlético e a 3 do Cances, no derbi malpicán ante o Buño, ao que chegaban ambos con 9 puntos. Tmamén destacar a vitoria do Mazaricos sobre o Leiloio nun choque que chegaron a ir gañando os mazariquenses 3-0 na primeira metade e no que despois tiveron que suar para levarse os 3 puntos.

Agora mesmo a loita está en saber o que aguantará o ritmo o lider Atlético Carballo, e o seu poderío cando se enfronte aos seus perseguidores diretos, deles xa derrotou pola mínima ao Malpica a semana pasada no Pedra Queimada de Malpica.

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-ENCONTRO ESTELAR-

SCD Buño 0-1 Veteranos SCD Malpica

Derbi malpicán que se decideu no derradeiro suspiro do encontro. Dominaban a primeira metade os da capital do concello que se adiantaban pasada a media hora de xogo cun gol en propia porta de Jonatan, e deixaban o encontro encarrilado antes de irse a vestiarios cun tanto de Fernando. Xa cando parecía que ían ter un final prácido, David acurtaba para os oleiros, pero sen tempo a asimilalo, gol de Alberto e expulsión do meta local Abelenda, para manter os malpicáns na senda da loita por todo e apartar momentaneamente os oleiros.

Goles : 0-1, Jonatan, (36´ en propia porta); 0-2,  Fernando, (45´); 1-2, David, (88´); 1-3, Alberto, (90´).

Campo : Xaviña, (Buño)

 

-PREVIA 7ª XORNADA-

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”