CRÓNICA 32ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “O BAIO LÉVASE O DERBI COA ESTEIRANA E COLLE AIRE DE CARA OS DOUS ENCONTROS QUE QUEDAN…O XALLAS PLÁNTASE EN PROMOCIÓN CUNHA NOVA VITORIA E O DUMBRÍA O ASEXO DELA…DERROTAS DOLOROSAS DE SONEIRA E MAZARICOS”.

 

Antepenúltima xornada da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago e o Baio colle un pouco de aire a costa dun Esteirana que ve como lle empatan os baieses e seguen en zona de perigo, por enriba dos de Baio por golaveraxe. O derbi costeiro non desmereceu, e tras unha extraordinaria primeira metade dos de Felipe Raposo, que se poñían 0-3 con goles de Bieito e un dobrete de Martín MC, vían como na segunda metade o de “nadar e gardala roupa”, cáseque lles sae caro, pois aos 50 minutos de xogo poñíanse os de Juan Ramón 2-3 con goles de Brais e pablo Rama.

O Xallas CF ca sua vitoria en Silleda, (1-4),  con goles de Juan de Selia, (2), Adán e Carlos Riero, recupera o posto de promoción, con 1 punto sobre o Lalín, e 2 sobre o CF Dumbría que derrotaba a domicilio ao Cordeiro, cun tanto de Xabier aos 68 minutos de xogo. Pola sua banda o Mazaricos, xa descendido, caía de maneira estrepitosa no “Pedra d´ouro”, ante un Lalín que lle facía un “set en branco”.

O Soneira caeu ante o Agolada por 5-2 nun choque que se lle puxo de cara moi pronto gracias a un gol de Basti ao 7 minutos de xogo, pero que non foi quen de pararaos do Hospitalillo que remontaban e íanse ao descanso cun craro 4-1. A hora de xogo xa sentenzaron o encontro, e Javi Souto a cinco minutos do final maquillaba o marcador.

Quedan duas xornadas para ver se Baio e Esteirana son quen de escapar da zona de arrastres. Os esteiráns visitan para semana o Vista Alegre e acaban a liga na casa recibindo a un Dumbría que pode chegar xogándose a promoción, e o Baio recibe para semana o Calo e remata a liga visitando o Mazaricos, na despedida da categoría dos mazariquenses.

CLASIFICACIÓN

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”