CRÓNICA 22ª XDA DIVISIÓN DE HONRA DE VETERANOS : “A DERROTA DO SAN RAMÓN ALONGA A ESPERA DO CAMPIÓN E POR ABAIXO CABANA E SONEIRA COMPLÍCANSE A VIDA”.

 

Nesta xornada da División de Honra o lider ACD San Ramón, (54 puntos), caía na casa ante o San Román, (1-2), nun choque no que sempre foron por diante os visitantes con goles de Juan Carlos, (74), e Mario Casal, 887), e non acurtou o lider ata o 94 cun tanto de Borja. Segunda derrota do que vai de tempada. A primeira fora o 28 de Xaneiro, tamén na casa, ante o San Lorenzo, (2-3). Con esta derrota ante o terceiro clasificado, o segundo, Sporting Zas, ponse a 8 puntos do lider, (46 puntos), con 12 por disputar. 

Na loita pola permanenza o Corme derrotaba o Cabana e parece que deixa a loita polo descenso e deixa tocados os cabaneses nesa loita, pois a pesares de que o Oza vencía o Soneira, (0-1), ao que tamén deixa en plena loita por non descender, xa que a inesperada vitoria do Castriz en Coristanco, (0-2), sendo os xalleiros os que marcan o posto de descenso na antepenúltima praza, os xalleiros suman 19 polos 20 do Cabana e Soneira que están fora. Os cormeláns xa se sitúan con 28 con moi pouco que facer para asegurar a permanenza.

 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies