CRÓNICA 1ª XDA 1ª DIVISIÓN FEMININA : ATHLETIC CLUB FEMENINO 2-1 DEPORTIVO FEMININO : “DERROTA DAS DEPORTIVISTAS QUE MERECERON MOITO MÁIS”.

 

Athletic Club Femenino 2-1 Deportivo Feminino

Comezou o equipo bilbaino que dominou os primeiros compases da primeira metade. A raíz diste dominio chegaba o gol para as vascas por medio de María Díaz. Parece que o gol sacou da tensión inicial o equipo de Manu Sánchez e con combinacións rápidas buscou a igualada. Un tiro ao longueiro de Lady Andrade e a internacional Peke cun gran disparo puideron acadar a igualada antes do descanso.

Sairon as deportivistas a polo encontro tralo paso por vestuarios e o equipo bilbaino controlando en defensa e tentando sair a contra, ata os 6 minutos da reanudación cando desta volta si, Lady Andrade conseguía bater a porta local para poñer unhas merecidas táboas no marcador e daba premio ao dominio deportivista, que se fixo maior tralo gol. Pero a máxima do fútbol día que o que non aproveita acaba pagando e así foi. Monente facía o 2-1 para as vascas que aguantaron o dominio deportivista, souberon sufrir e aproveitar. Tralo go Manu Sánchez moveu o banco para tratar de sacar algo da visita a Lezama e deu entrada a Kika e Michelle por Peke e Gaby, (85´) e a Lía no lugar de Iris, (89´), pero o gol do que sería unha merecida igualada non chegou.

Goles : 1-0 María Díaz, (19´); 1-1, Lady Andrade, (51´), 2-1, Monente, (81´).

-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia