CRÓNICA 1ª GALICIA G2: O BAIO DESPÍDESE DA CATEGORÍA CUN ESPECTACULAR 5-5, TRAS IR PERDENDO 4-1, E CUN MC ENORME.

O Baio descende a Liga da Costa.

 

Derradeira xornada da 1ª Galicia G2 A Costa/Santiago cos nosos equipos sen xogarse nada, pero o CD Baio non quixo deixar a categoría sen dar un golpe enriba da mesa. Os baieses cun equipo netamente xove e da casa, e xa descendido pero con pintas dun auguroso futuro, xogaba ante o Calo un choque que foi un órdago goleador. En 25 minutos perdían os de Félix por 3-0 con goles de Juan Manuel, (10´), Adrián, (20´) e Denís, (25´). Martín MC, que foi a estrela dos de Baio acadando os 5 goles, facía o primeiro para acurtar distanzas, (37´), pero a cousa voltaba a poñerse imposible antes do descanso, xa que Adrián facía o 4-1, antes de irse a vestiarios. Ainda se puxo o conto peor a volta de vestiarios pois Marcos facía o quinto para os do Rebordelo.

 

Martín MC foi un pesadelo para a zaga do Calo.

 

Todo trocou no minuto 70 cando o colexiado Sergio Quintana lles pitaba un penalti a favor aos baieses, penalti que transformaba M, e que servía para darlle ás os de Baio, que en 14 minutos igualaban o encontro, cos outros 3 goles de Martín MC, para deixar a categoría cun empate dos que saben a vitoria.

Os outros equipos costeiros sumaron como vitoria os seus encontros o Dumbría, que chegaba co desgaste da copoa e derrotaba por 1-0 ao Bertamiráns, cun tanto de Fabio aos 73 minutos de xogo e o Fisterra que goleaba ao Valiño por 5-0 con goles de Diego Estevez, (3), Adrián 2Makaay”, e un en propia porta do visitante, Iván Costas. O descanso foise con 1-0.

O San Lorenzo precisaba un punto, por si acaso, e acadouno nun choque no que xogou contra o Praiña, (2-2), que xogaba dende o 37 cun home menos por expulsión de Javier Sánchez. Adiantábanse os verdilleses por medio de Juan, (8´), e empataba para os visitantes ,iguel, (25´). Antes do descanspo e por medio dun penalti transformado por Juan, (40´), voltaban a poñerse por diante os de Verdillo, e xa na segunda metade Jonathan, (776´), empataba para os sureños.

A única derrota desta derradeira xornada da 1ª Galicia sufríaa a Esteirana, nun choque no que se adiantou por medio de Brais aos 19 minutos de xogo, pero que lle remontaba o Puebla antes do descanso cun tanto de Pablo, (29´) e outro de Jonathan, (44´). A volta de vestiarios igualaba a contenda Brais, (49´), pero acabarían levandose o encontro os sureños con tantos de Guillermo, (63´) e Eduardo, (82´), para o definitivo 4-2.

Rematou a liga co Dumbría como mellor clasificado dos equipos costeiros na 7ª praza con 50 puntos, seguido do Fisterra, (8º), con 46 puntos, a Esteirana na 13ª posición co 40 puntos, e cun punto menos o San Lorenzo na 15ª posición a 5 do descenso. O Baio volta a Liga da Costa na que volverá a vivir a esencia do noso fútbol e que se viviría na 1ª Galicia se por unha vez fixeran un grupo da costa, que beneficiaría a todos no futbolístico e no económico.

Para a vindeira tempada sumarase a Dumbría, Fisterra, Esteirana e San Lorenzo, o Castriz, e o que salga vencedor dos choques da promoción que están a xogar Outes, Muxía, Mazaricos e Porteño, que xogaron este pasado Domingo a ida das semifianis polo ascenso, con todo por decidir.

-Foso : Luis González

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies