1ª División Galega Feminina
As bergantiñanas caeron de maneira inesperada.
-23ª Xornada-
Bergantiños FC 0-4 Victoria CF B
Inesperada derrota do Bergan ante un rival que se engancha a loita polos postos da promoción, ao igual co seu homónimo de Santiago, que empataba co Lugo, cousa que non puideron aproveitar as carballesas, xa que elas pechan os postos de promoción e teñen por enriba as lucenses. Unha mala primeira metade condenou as de Gueli Cotelo, que vían como se ían co 0-4 xa o descanso. Lucía Rodríguez foi un pesadelo para a zaga bergantiñista, xa que fixo 3 goles en 19 minutos, e completou a goleada antes do tempo de lecer, Nuria. A segunda metade foi de control das coruñesas e de intentos en van das de Carballo.
Bergantiños FC : Ainhoa, Noelia, Lara, Paula Sieira, Eva, Cruz, Alba, Isabela, Blanca, Sofía, e Laura Muñíz. Tamén xogaron : Carmen, Paula, Sara Pita, Marián e Valeria
Victoria CF B : Antía, Andrea, Ana, Erika, Nuria, Marta, Claudia, Alexia, Ana, Lucía e Carla. Tamén xogaron : Pereira, Nadia, Sara, Andrea e Paola.
Goles : 0-1, Lucía Rodríguez, (20´); 0-2, Lucía Rodríguez, (30´); 0-2, Lucía Rodríguez, (39´); 0-4, Nuria, (44´).
Árbitro : Iván Martínez. Amonestou polas carballesas a Laura e Eva, e polas herculinas a Carla e Claudia.
Proximo encontro
O Bergantiños visita no Municipal de Mourente ao Escuela FB Amistade, 11º clasificado con 27 puntos, o Domingo 26 de Marzal ás 17:00 horas, (se non hai troco). Na primeira volta o equipo bergantiñista derrotou as de Mourente por 4-1, na 9ª xornada da liga 2022/23.
Clasificación
As carballesas seguen na 4ª praza, (promoción de ascenso), a 12 do lider, Sárdoma CF “B”, 7 do segund que agora é o Orzán e a 6 do terceiro, que pasa a ser o Lugo. Por detrás ven Victoria CF B, a 3 puntos. As carballesas marcan o derradeiro posto de promoción.
-Fotos : Depart. Prensa Bergantiños FC
-Texto e Montaxe encontros : Xosé Búa “Pirata”