CRÓNICA 16ª XORNADA, RESULTADOS E CLASIFICACIÓNS DAS LIGAS DE FÚTBOL SALA BASE “COSTA DA MORTE”.

A Escola Juan Cabrejo ten os dous equipos na loita pola fase final.

 

Aquí tes como van as cousas na 25ª edición das Ligas Comarcais de Fútbol Sala de Base “Costa da Morte”, trala disputa da 16ª xornada. 

En alevíns, Rapacollóns sentenza a liga regular ao derrotar o terceiro, EMF Camariñas nesta xornada e tras derrotar a pasada o segundo, EDM Ponteceso, que ademáis caía nesta xornada ante o FSF Villa de Cee. Queda agora a liga supeditada a ver quenes entran na fase final, para a que ainda hai equipos que se poden enganchar a ela a falla de 6 xornadas para o final. Mañán no Municipal de Camariñas, un importante choque de rivais diretos pola fase de ascenso  antre o EMF Camariñas Escola “Juan Cabrejo” e o FSF Villa de Cee, (18:30 horas).

Nos benxamíns, o EDM Cabana, caía por un axustado 9-8 ante o Concello de Carnota, que fai que sexan agora os líderes os carnotáns con un punto máis pero cun encontro tamén máis. Ambos equipos deberán ver que fai o EMF Camariñas, que está a un punto do lider, e a puntos cos cabaneses, (2º), pero cos da Escola “Juan Cabrejo” camariñana con un encontro menos co Cabana e 2 menos co Carnota. Na loita pola fase final, parece que o CPR Manuela Rial, e o EMF Camariñas B serán os que loiten polo posto que baila en busca de opositor, pero está na man do que fagan os ceenses. Os camariñáns xogan mañán mércores ante o seu homónimo o derbi ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Camariñas. 

 

 Calendario completo : Calendario Benxamín

Calendario completo : Calendario Alevín

 

 

 

 

 

 

 

 

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto : Escola Juan Cabrejo

-Clasificacións : Fran “Pioto”