Liga de Fútbol Sala de Cee
12ª Xornada
Máxima emoción a falta de dúas xornadas
A Liga de Fútbol Sala de Cee entra na súa recta final cunha igualdade enorme na zona alta da clasificación. A 12ª xornada deixou goles, duelos directos decisivos e todo por decidir entre os tres primeiros clasificados, que continúan separados por apenas dous puntos.
Luns 9 de marzo
Atlético Raíces 9-4 Buen Camino
O Atlético Raíces protagonizou unha das goleadas da xornada cun partido moi ofensivo. O equipo mostrou a súa mellor versión atacante e suma tres puntos importantes para consolidarse na zona media da táboa, mentres Buen Camino continúa sen atopar regularidade defensiva.
Wash & Relax 3-1 Nueva María Teresa
Gran triunfo de Wash & Relax ante o lider e que dependía de si mesmo para ser campión. Nun encontro intenso, souberon aproveitar as ocasións clave para levar tres puntos que os manteñen plenamente na loita polo podio. Como decíamos o Nueva María Teresa ten agora que non fallar e esperra un erro do Altamira e o Fontana.
Mércores 11 de marzo
La Fontana 9-4 Batifondo
La Fontana respondeu con autoridade ante o colista cun triunfo contundente. O seu potencial ofensivo volveu quedar patente nun partido aberto no que Batifondo pouco puido facer ante o ritmo goleador rival. Os segundos clasificados seguen polñendo presión e acechando o primeiro posto.
Altamira F.S. 3-1 Panadería Pichín
O Altamira volve a liderar no intre oportuno cunha vitoria traballada nun encontro máis igualado do que indica o marcador, ante un rival o Panadería Pichín, (na foto), que se lle deron moi ben os de arriba e pode ser xuiz do campionato. A solidez defensiva e a eficacia nos momentos decisivos, unidos o pinchazo do Nueva María Teresa, permiten coller o liderado nun momento clave da competición.
Clasificación
1️⃣ Altamira F.S. – 28 puntos
2️⃣ La Fontana – 27 puntos
3️⃣ Nueva María Teresa – 26 puntos
4️⃣ Wash & Relax – 22 puntos
5️⃣ Atlético Raíces – 16 puntos
6️⃣ Panadería Pichín – 14 puntos
7️⃣ Buen Camino – 2 puntos
8️⃣ Batifondo – 1 punto
Tres equipos nun pano de dous puntos prometen un final de liga apaixonante.
Loitas individuais
Máximo goleador (Pichichi)
-
Bruno (La Fontana) – 43 goles
-
Marroco (Altamira F.S.) – 20 goles
-
Gabi Pazos (La Fontana) – 17 goles
-
J. Martín (Wash & Relax) – 13 goles
Bruno continúa ampliando diferenzas e encamiña con forza o título de goleador.
Porteiro menos batido (Zamora)
-
Bruno (Nueva María Teresa) – 22 goles encaixados
-
Campos (Altamira F.S.) – 29
-
Simón (Atlético Raíces) – 33
-
Jorge (Wash & Relax) – 34
A loita polo Zamora segue aberta, aínda que Nueva María Teresa parte con vantaxe.
Deportividade
-
Batifondo – 12 puntos
-
La Fontana – 19
-
Panadería Pichín – 26
-
Buen Camino – 27
Recta final de infarto
Con só dúas xornadas por disputarse, Altamira, La Fontana e Nueva María Teresa xogaranse o título nun final totalmente aberto. Cada gol pode valer unha liga nun campionato que está demostrando igualdade, emoción e moito fútbol sala.
Trala liga chegará a Copa
A clasificación dos equipos no final de liga afectará ao que poida pasar na Copa, que se xogará trala liga, xa que os emparellamentos non serán a sorteo senón que se enfrontarán o 1º co 8º, 2º-7º, 3º-6º, e 4º-5º.
.
-Información : Javi “Marroko”
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Foto : Pablo Vilela/Panadería Pichín

