CRIS MARTÍNEZ E EVA DIOS RENOVAN CO DEPORTIVO FEMININO.

 

Cristina Martínez Gutiérrez (Astorga, León, 26 de xuño de 1993) renovou o seu contrato co Deportivo ABANCA até xuño de 2023.

Na sexta temporada do Deportivo ABANCA, a 2021-2022, a lateral dereita leonesa será a única sobrevivente do equipo que arrancou este proxecto, o 4 de setembro de 2016 fronte ao Oviedo Moderno CF en Ponte dos Brozos (Arteixo). Cris chegou ao Deportivo ABANCA procedente do Atlético Astorga.

Con 115 partidos oficiais, Cris é a segunda xogadora na clasificación histórica do Deportivo ABANCA, só superada polos 117 encontros da venezolana Gaby. Do mesmo xeito, nas dúas temporadas do equipo en Primera Iberdrola acumula 50 aparicións, coas que iguala con Peke na terceira posición deste ranking, por detrás das 54 de Gaby e os 52 de Iris.

 

 

Eva Dios Nieto (A Illa de Arousa, Pontevedra, 4 de Marzo de 2002) renovou o seu compromiso co Deportivo ABANCA por dúas temporadas máis, até xuño de 2023.

A futbolista arousá incorporouse o pasado verán ao Deportivo ABANCA B procedente das Viaxes Interrías FF, despois de comezar a súa traxectoria no Céltiga CF para, posteriormente, xogar no Portonovo SD e o Victoria FC de Santiago.

Con todo, pouco tardou en dar o salto ao primeiro equipo para xa non abandonalo. Eva Dios converteuse nunha das grandes revelacións da Primera Iberdrola 2020-2021, ademais nunha posición nova para ela, afeita a actuar en zona de ataque e sobre todo polo centro. Como carrileira esquerda nunha defensa de cinco participou en 23 dos 34 encontros do campionato, 13 deles como titular.

Medalla de bronce no Campionato de Europa de fútbol sala para persoas xordas disputado en Finlandia en 2018, onde ademais foi elixida no quinteto ideal do torneo, durante a pasada campaña foi convocada pola selección española sub-19. Eva Dios participou en senllas concentracións do combinado dirixido por Pedro López nos meses de febreiro e xuño.

  

-Fotos : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies