COUSAS “RARAS” NO SORTEO DA “FINAL FOUR” DA COPA DE CAMPIÓNS DE XUVENÍS CO DEPORTIVO E BETIS PERXUDICADOS.

Este pasado mércores o mediodía tivo lugar o sorteo da “Final Four” da Copa de Campións de Xuvenís, o rival do RC Deportivo é o Betis, quedando a outra semifinal para o Real Madrid e o Valencia. Todo ata aí normal, pero a cousa volveuse “rara” cando no sorteo do día dos encontros no Toralín de Ponferrada saeu como primeiro enfrontamento o que dispuataría os deportivistas de Miguel Figueira e os béticos e que sería o mércores 28 de Maio quedando para o xoves 29 o dos madridistas e valencianistas.

Tal e como recollen varios medios ata os clubes xa publicaran o rival e o día. A sorpresa foi cando os orgañizadores, 8RFEF), trocaron o sentido dos encontros e pasaron a que fose o primeiro enfrontamento o dos “che” e os “merengues”, tendo estes así un día máis de descanso cando lles tocara o revés. Os orgañizadores alegaron a que houbo un erro, que non sentou nada ben a deportivistas e béticos presentes no sorteo.

No caso de que os chavales do Deportivo pasasen a final, se o seu rival fora o Madrid xa terían praza na vindeira Youth League, senón se fosen os valencianos terían que gañar a final para xogar a competición europea, dado que os da capital estatal xa teñen praza na mesma, namentras que non a teñen ningún dos outros tres.

José Ángel operado da pubalxia

O centrocampista do Depor, José Ángel foio operado con éxito no Pais Vasco, da publaxia que ven arrastrando parte da tempada e sobre a que dixo nas suas redes que lle fixo “pasar moi mal e xa toca descansar para voltar canto antes”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : Xosé Búa “Pirata”