CORME PASA A DAZASEISAVOS E MAZARICOS A OITAVOS DA “57ª COPA DA COSTA”.

57ª COPA DA COSTA

Cabana e Corme ofreceron un entretido choque.

 

-PREVIA-

Cabana SD 1-3 Corme CF

Único encontro que se xoagaba previo aos dazaseisavos de finla desta Copa da Costa, que foi máis igualdo na primeira metade, ainda que os cormeláns tiveron o choque controlado dende que se adiantaban pasada a media hora de xogo, cando Alejo transformaba unha pena máxima, 835´). Diego aos poucos de comezar a segunda metade poñía terra de por medio, (52´), e no treito final os cabaneses dábanlle emoción a eliminatoria cando acurtaban distanzas por medio de Sergio, (86´). Lucas no desconto final deixaba o choque finiquitado.

 

-DAZASEISAVOS-

SD Camelle 1-4 CF Mazaricos

Encontro adiantado aos Dazaseizavos de final, no que se notou a diferenza de categoría e os mazariquenses deixaban encarrilada a eliminatoria xa na primeira metade con goles de Brais, (14´) e Raúl, (25´). Na segunda metade sentenzaban o choque con goles de Juan Tunas, (56´) e Mario, (73´. O gol da honra dos camelláns chegaba por parte de Rodrigo no 80, para pechar unha tempada oscura dos camelláns, que tralo choque despediron cunha boa churrascada no Rodeiro.

 

-Foto : FaceBook Cabana SD

-Texto : piratasdemuxia