CORISTANCO E MAZARICOS TEÑEN ATA ESTE SÁBADO PARA ALEGAR CONTRA AS DENUNCIAS DE ALIÑACIÓN INDEBIDA INTERPOSTAS POR MUROS E CAMARIÑAS.

De ser certas as denuncias as sancións tamén poderían chegar os árbitros.

 

Tal e como vos apuntábamos o pasado martes o Camariñas e o Muros denunciaban aliñación indebida de Mazaricos e Coristanco por haber feito 4 ventás de trocos en lugar de 3 como está permitido, o que daría de seu aliñación indebida do cuarto troco. Tan só transcurreu unha xornada de liga e xa hai problemas, neste caso de ser certos por iñorancia da lei ou erro, ou eso parece pero, “a iñorancia dunha lei non exime do cumplimento”, e iso sabémolo ben na xente do mar, e outros ámbitos.

Os encontros en ambos casos foron gañados por Mazaricos, (1-2), en Camariñas e por Coristanco, (2-3) en Muros. dende o Camariñas dende a diretiva están convencidos de que gañarán a denuncia, namentras que dende Muros, (non conseguimos falar con ninguén), tal e como nos apunta un afeccionado que foi o que nos deu conta da denuncia, ben “cousas raras”, pois o colexiado do encontro Miguel Teijeiro, fixo un anexo do acta no que apunta que, “por erro meu de anotación consta unha sustitución no minuto 90, sendo esta no 46´, (descanso)”. Este afeccionado próximo o clube asegura, “que se fixeron 4 ventás de trocos”.

A RFGF por medio do seu Comité de Competición deulle ata mañán sábado a CF Mazaricos e SD Coristanco para que envíen as suas alegacións e dictar sentenza. En caso de ser favorables aos equipos que denuncian daríaselles o encontro gañado por 3-0, e os colexiados poderían ir a “nevera” un tempo.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”.