O Corcubión derrota o Camelle e ponse lider.
Primeiramente dicir que se hai algún troco rectificaremos, xa que estes datos collémolos da web da RFGF, que as veces sorpréndenos con trocos de día no mesmo día do encontro, habitualmente por erro de publicación.
3ª DA COSTA
8ª Xornada
Sábado 11 de Nadal
UD Corcubión 3-2 SD Camelle
Hora : 16:15
Campo : “Novo Cubaleiro”, (A Redonda-Corcubión)
Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro. Amosoulle 4 cartóns aos locais e ningún aos visitantes.
Encontro cunha parte para cada equipo. Ainda que comezou adiantándose o equipo camelláns cun golazo do muxián, Rodri, ex do Corcubión, aos 3 minutos de xogo, foi mellor o equipo corcubionés, que asediou a porta defendida por Roi e consigueu empatar por medio do “killer” corcubionés, Iago Lema. O descanso deixaba o equipo camellán a dous xogadores fora por lesión, Huchiño e o Ruso. Na segunda metade estivo mellor o equipo camellán, pero desperdiciou ocasións para empatar e en troques no desaproveitaba as suas o equipo local, que conseguía o gol da remontada pasada a hora de xogo por medio de Luis Lago, (63´), Cando parecía que podía chegar o empate, Mario Suárez finiquitaba o encontro, (88´). O gol dos camelláns chegaba pouco despois no desconto, pero xa sen tempo para máis. Con esta vitoria os corcubioneses póñense líderes en solitario a espera do que faga o Porteño este Domingo ante o Atlético Pereiriña, noutro choque da parte alta da táboa.
SD Ameixenda 1-5 SD Oza
Hora : 16:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo. Expulsou con dobre cartón ao local Saulo, (25´e 67´), e amosoulle un amarelo o visitante, Kevin.
A pesares de que se adiantaron os da Ameixenda por medio do muxián de Morpeguite, Samuel Castreje, os da parroquia carballesa foton mellores en ambos tempos. O descanso íanse os equipos os vestiarios co resultado de 1-2, remontando os de Oza con goles de Kevin, (18´e 40´). Nada máis reanudarse o choque, David facía o terceiro dos visitantes, (50´), e non era ata o 81, cando Alejandro mataba oi encontro. O quinto vhrgaba no desconto por medio de Jesús Amado.
Domingo 12 de Nadal
Atlético Pereriña-CF Porteño
Hora : 16:00
Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)
Colexiado : Lucas Vicente Vidal
SD Laxe – Xallas FC “B”
Hora : 16:15
Campo : “Cabho d´area”, (Laxe)
Colexiado : Manuel Espasandín Romar
Sporting Seaia CF – CF Castrelo
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”, (Malpica)
Colexiado : David Vázquez Lema
-Foto e Texto : piratasdemuxia