Durante todo o día deste pasado sábado 4 de maio tiveron lugar no campo “A Fontenla” de Santa Comba as fases finais das Copas da Costa de prebenxamíns, benxamíns e alevíns, tal e como xa vos informamos na previa. Foi toda unha xornada chea de ambente, deporte, e confraternidade que fixo da capital xalleira o epicentro do Fútbol 8 galego.
Na final dos prebenxamíns enfrontábanse o Cabana e o Xallas e o título tiña que decidirse nos penaltis onde os cabaneses se levaban o título.
En benxamíns a final era antre o EFC Carnota e o UC Cee eo campión era o equipo carnotán o vencer por un claro 4-0.
Nos alevíns a final disputábana o Xallas e a Esteirana e a vitoria e a copa era para os xalleiros o vencer por 2-0.
Tamén se disputou a Copa Delegación da Costa na que se enfrontaban o Xallas B e o Sofán B, o choque foi moi igualado e leváronse a copa os de Santa Comba por un axustado 2-1.
.
-Fotos : Manolo Corredoira/RFGF
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”


