COPAS DA COSTA INFANTIL E CADETE

COPAS DA COSTA INFANTIL E CADETE

O Corme CF Infantil goleou” ao SD Sofán.

 

Xogado 1 encontro da “Copa da Costa Infantil”
e 1 da “Copa da Costa Cadete” que se completa hoxe con 3 máis

 

 
Como xa vos contábamos na previa xogouse un encontro de Dazaseisavos de final da “Copa da Costa Infantil” e 1 da “Copa da Costa Cadete”. Nos infantís é o único encontro que se disputa destes Dazaseisavos, namentras que nos cadetes hai 3 máis hoxe Domingo. Nos Infantís xogouse o Corme CF -SD Sofán no “Municipal do Cairo” a con vitoria dos cormeláns por 8-1, con goles por parte dos cormeláns de Teo, Borja, (2), Víctor, Enrique, (3), Eloy. O gol da honra sofanista foi obra de Daniel, . No que se refire a “Copa da Costa Cadete”, o SCDR Esteirana derrotaba ao SD Coristanco pola mínima, (1-0), cun tanto de Iván a media hora de xogo.
 
Para hoxe Domingo, o UC Cee recibe no “San Paio de Refoxos” ao SD Ponteceso a partires das 11:30 horas, ca arbitraxe de José Ageitos. O Cabana SD recibe nas “Redondas” ao Outes CF ca arbitraxe de David Vázquez e o Corme CF recibe no “Cairo” ao ED Os Miúdos dende ás 12:00 horas con Pablo Rama como colexido do choque. Estamos confeccionando os cadros artísticos que xa poderedes ver na volta desta eliminatoria.
 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

 

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.


Attachment

Leave a Comment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies