Este Domingo 23 de Xuño do 2024 xogáronse as finais das Copas da Costa nas categoría de infantís, cadetes e xuvenís. UC Cee en infantís, SCDR Esteirana en cadetes e CF Dumbría en xuvenís, alzáronse cas copas. A nosa máis cordial a tódolos que forman o equipo ceense, esteirán e dumbríes, e os nosos ánimos para os que forman o ED Os Miúdos, Escaola de Fútbol Concello de Camariñas “Juan Cabrejo” e SD Fisterra, pois para perder finais hai que xogalas e só un pode quedar campión, pero o gran mérito xa está en todo o camiño discurrido para chegar a elas.
Final Copa da Costa Infantil
UC Cee 2-1 ED Os Miúdos
Campo : O Conchido : (Outes)
Hora : 10:30
Árbitro : Diego Grille Landeira
Árbitros asistentes : Pablo Rama e Vitor Recarei
Goles : Adiantouse o equipo ceense aos 6 minutos de xogo cun gol de Gael, que foi respondido polos muradáns 4 minutos despois cun tanto de Gonzalo. Gael repetiría para os ceenses no 20, e xa non se movería o marcador para dar os de Cee a Copa.
UC Cee : Lois, Antón, Leo, Sergio, Miguel, Mateo, Hugo, Gael, Daniel, Mario e Adrián. Tamén xogaron : Iago, Andrés, Crístian e Daniel Ferradas.
ED Os Miúdos : Iago, Adrián, Juan, Carlos, Hugo, Antón, Gonzalo, Leo, Carlos, Lucas e Carla. Tamén xogaron : Simón, Daniel Lago, María, Martín e Fernando.
Final Copa da Costa Cadete
EFC Camariñas “Juan Cabrejo 3-4 SCDR Esteirana
Campo : O Conchido : (Outes)
Hora : 12:30
Árbitro : Óscar Santos Rodríguez
Árbitros asistentes : Alejandro Tato e Xoel Forján
Goles : Adiantouse o equipo esteirán aos 9 minutos de xogo cun tanto de Miguel, e remontarían os camariñáns antes do descanso con goles de Hugo e Nuno, (16´e 40´). Antes do descanso os camariñáns sufrían a expulsión do gardameta, pero a pesares desto puxéronse na segunda metade 3-1 cun tanto de penalti de Nuno, (59´), xogar cun menos pasoulles factura e os esteiráns viríanse arriba conseguindo empatar o encontro con goles de Xián e Bieito, (65´e 72´), e tamén sufrían unha expulsión por dobre amarelo. A vitoria para os de Esteiro chegaba no 96 cun gol en propia porta do camariñán Pablo.
EFC Camariñas “Juan Cabrejo: Ánxo, Manuel Pais, Pablo, Manuel Martínez, Hugo, Alejandro, Kevin, Fabio, Iago, Camilo e Nuno. Tamén xogaron : Iker, Pablo, Carlos, Igor e Iker Fraquet.
SCDR Esteirana : Mateo, Bieito, Manuel Luaces, Aarón, Samuel León, Manuel Pais, Miguel, Sergio, Xián, Iván e Pablo. Tamén xogaron : Alejandro, Samuel Peña, Alberte e Gabriel.
Final Copa da Costa Xuvenil
CF Dumbría 3-0 SD Fisterra
Campo : O Conco : (Dumbría)
Hora : 17:30
Árbitro : Alfonso Caamaño Blanco
Árbitros asistentes : Manuel Castro e Tiago Alonso
Goles : Adrián aos 34 minutos poñía por diante aos de Dumbría, que 4 minutos despois se poñían con 2-0 cun tanto de Fabio. Na segunda metade Mario facía o terceiro e definitivo tanto do encontro para darlles aos dumbrieses a copa.
CF Dumbría : Ismael, Enrique, Antón, Gabriel, Iker, Fabio, Álex, Álvaro, Adrián, Iago e Breixo. Tamén xogaron : Iván, Mario, Martín Liñeiro, Iker, Martín González, Crístian e Noé.
SD Fisterra : Paulo, Aarón, Lois, Alejandro Trillo, José, Ángel Martín, Juan, Guillermo, Martín, Mauro e Rubén. Tamén xogaron : Chrístian, Elian, Lucas, Ángel Canosa, Beltrán, Alejandro Domínguez, e Martiño.
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”