O 5 Coruña vista a cancha do Esteo FS
(Foto : 5 Coruña)
Sorteáronse ambas categorías
A sede da Real Federación Galega de Fútbol en Santiago de Compostela albergou durante a tarde deste xoves o sorteo da Copa Galicia masculina e feminina de fútbol sala, unha competición única e especial na que tomarán parte a próxima tempada un total de 41 equipos: 31 na categoría masculina e 10 na feminina.
Esta nova edición da Copa Galicia de fútbol sala arrincará o próximo 24 de agosto coa disputa, no caso da cita masculina, das eliminatorias correspondente aos 1/16 de final e coa celebración (cómpre sinalar que o Pizarras Los 3 Cuñados quedou exento no sorteo e accede directamente aos oitavos de final), e no caso da competición feminina, dos encontros correspondentes á fase de grupos.
XXIX COPA GALICIA MASCULINA FS
Na categoría masculina son 31 os equipos (correspondentes á Primeira e Segunda División da LNFS, á Segunda División B, á Terceira División Nacional e catro bloques de Preferente-os dous primeiros clasificados de cada grupo ao termo da fase regular da pasada campaña-) que loitarán por facerse co título autonómico.
Os encontros de oitavos de final terán lugar o 31 de agosto e os cuartos de final disputaranse o 7 de setembro. As datas elixidas pola RFGF para a celebración das semifinais son o 25 de febreiro (a ida) e o 18 de marzo (a volta). A gran final está prevista para o mes de abril nunha data aínda por determinar.
Así quedan os emparellamentos e datas da “Copa Galicia Masculina de Fútbol Sala”
Amarelle, (laranxa) e Fervenza nun mesmo grupo.
(Foto : Viaxes Amarelle FSF)
XIV COPA GALICIA FEMININA FS
Un total de 10 equipos participarán nesta nova edición da Copa Galicia: os 4 equipos galegos que o curso pasado militaron en Primeira División (Burela Pescados Rubén, Ourense Envialia, Poio Pescamar e Viaxes Amarelle), os outros 4 de Segunda (A Fervenza, Cidade das Burgas, O Fisgón Futsal e Valdetires Ferrol) e dous conxuntos de Preferente (FSF Castro e Leis Pontevedra).
Na cita feminina os 10 equipos participantes foron distribuídos en catro grupos, sendo cabezas de serie de cada grupo os equipos de Primeira División. Os encontros correspondente á fase de grupos terán lugar o 24 de agosto, 31 de agosto e 7 de setembro, clasificándose para as semifinais os campións de cada grupo.
O primeiro clasificado do Grupo 1 loitará por un sitio na gran final contra o primeiro clasificado do Grupo 4, mentres que os outros dous campións dos Grupos 2 e 3 enfrontaranse entre eles polo outro billete para a final.
Do mesmo xeito que na categoría masculina, as semifinais disputaranse o 25 de febreiro e o 18 de marzo, mentres que a gran final tamén está prevista para o mes de abril.
Así quedan os grupos da “XIV Copa Galicia Feminina de Fútbol Sala”
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es