COPA FÚTBOL 7 FEMININO GRUPO SANTIAGOO SD O Pino deulle moito traballo ao CF Mazaricos.
Mazaricos CF 4-4 SD O Pino
Complicouselle o encontro ao lider ante un O Pino que lle saeu respondón e que chegou a remontarlle un 2-1 para chegar a poñerse 2-4, pero a reacción das mazariquenses valeulles para polo menos salvar 1 punto e seguir liderando a clasificación.
Adiantábanse as de Mazaricos cun tanto de penalti transformado por Ánxela con tan só 3 minutos gasatdos. Pronto reaccionaban as do Pino e conseguían empatar 7 minutos despois por medio de Noa, pero máis rápida era a reacción das amarelas, que voltaban a poñerse por diante no 21, cun tanto de Daniela, pero a resposta visitante tamén era contundente e conseguían remontar con goles de María, (16´), e Lúa, (21´) e conseguir unha suculenta ventaxe cun novo gol de María, (36´). Non se viñan abaixo as mazariquenses e Ánxela, (36´), acurtaba distanzas, e Daniela, poñía as táboas finais no marcador, (40´).
Clasificación
Con este punto o CF Mazaricos Feminino segue lider con 17 puntos, de 5 vitorias, 2 empates, e ningunha derrota, sendo xunto co Trazo, (2º), os únicos equipos invidtos da categoría. Agora a ventaxe coas perseguidoras ponse a 2 puntos, do Trazo Cf eo EFB Terra de Montes, (3º), e 4 máis co do EF Silleda, (4º).
Vindeira xornada
O Mazaricos CF recibe na Picota o AD Nicraniense, (6º con 6 puntos), o sábado 29 de Xaneiro a partires das 12:00 horas.
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia