O Sofán ten unha mínima ventaxe ante o Corme.
Este vindeiro sábado 21 de Maio, saberemos quen son os finalista da Copa da Costa Xuvenil. Corme, Sofán, Cabana e Xallas loitarán por un posto nesa finalísima.
Os cormeláns reciben ao Sofán tratando de remontar o 2-1 a favor do encontro da ida, no campo “O Cairo”, a partires das 18:00 horas, coa arbitraxe de Óscar Rodríguez Santos, e os cabaneses e xallaeiros xogarán no “As Redondas” dende ás 19:30 horas, coa arbitraxe de David Castreje Ferrío, tratando de romper a igualada a uns, (1-1), acadada o pasado sábado na “Fontenla”.
Polo tanto todo aberto en ambas eliminatorias para pasar a finalísima polo codiciado título.
-Foto : Fin Lema FaceBook
Texto : piratasdemuxia