SD Sofán 1-7 UC Cee
Tal e como adiantabamos na previa de piratasdemuxia.es, o UC Cee visitaba na tarde de onte ao SD Sofán no campo do Carral para disputar a semifinal pendente da Copa da Costa Infantil, na que esperaba o Xallas FC, tras deixar fora ao SD Fisterra, (1-4) a pasada fin de semana. Os sofanistas contaban coa vantaxe de xogar diante da súa afección, pero os ceenses amosaron a súa superioridade e acabaron acadando unha contundente vitoria por 1-7 que lles dá o billete para a gran finaldo sábado en “Terras oleiras”.
O encontro comezou igualado, pero o Cee golpeou primeiro aos 11 minutos por medio de Leo Lema. Pouco despois ampliaba a renda Luca Collura e, antes do descanso, Álex Picallo deixaba o choque moi encarrilado cun dobrete. Na segunda metade, Manuel Rodríguez recurtou diferenzas para os locais, pero o conxunto ceense respondeu con tres tantos máis, dous deles de Álex Picallo, gran protagonista do partido con catro goles no seu haber.
O UC Cee disputará agora a final da competición este vindeiro sábado 21 de xuño no campo “Xaviña”, en Buño, nun encontro que se xogará ás 11:30 ou ás 12:00 horas, pendente aínda da confirmación oficial.
SD Sofán : Iago Lavandeira; Martín Verdia, Iker Docampo, Martín Vilariño, Manuel Rodríguez, Asier Reymúndez, Joel González, Pablo Pastoriza, Yoel Docampo, Didac Seco e Rodrigo Pallas.
Tamén xogaron: Hugo Rodríguez, José Lista, Miguel Puga, Gonzalo Suárez, R. Añón e Ángel Torreira.
UC Cee : Gael Prieto; Yoel Caamaño, Fabio Lamela, Martiño Abel, Felipe Mayam, Santiago Pulido, Leo Lema, Pablo Mosteyrín, Álex Picallo, Luca Collura e Thiago García.
Tamén xogaron: Pablo Lago, Manuel Castro, Oliver Marcote, Yerik Caamaño e Claudia Ares.
Goles: 0-1, Leo Lema (11′); 0-2, Luca Collura (16′); 0-3, Álex Picallo (35′); 0-4, Álex Picallo (45′); 1-4, Manuel Rodríguez (52′); 1-5, Fabio Lamela (56′); 1-6, Álex Picallo (69′); 1-7, Álex Picallo (79′).
Árbitros: Roberto Baña, José Enrique Veiga e Martín Castro. Non amosou ningunha amonestación.
Campo: O Carral (Sofán-Carballo).
.
-Foto : FaceBook Unión Club Cee
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
