COPA DA COSTA CADETE : “XALLAS E OUTES FINALISTAS TRAS UNHA VOLTA DE SEMIFINAIS NA QUE CERQUEDA E PONTECESO LOITARON ENORMEMENTE”.

O Ponteceso volveu a poñerlle as cousas difíciles o campión de liga.

 

Outes CF e Xallas FC  serán os que xoguen a final da Copa da Costa de Cadetes. Os xalleiros traían da ida destas semifinais un 0-5, que ao final foi necesario para acadar o pase, e os outeses que gañaran “inextremis” ao ponteceso 2-1, sacaron calidade para levarse un complicado encontro, pero ca solvencia que os fixo campións de liga. Polo tanto a Gran Final desta copa será antre o campión e o subcampión de liga.

 

Ponteceso SD 0-3 Outes CF

O 2-1 da isa fixo que o encontro se xogase de poder a poder e que tivese o ingrediente de que podía pasar calquer cpusa, pois os pontecesáns foron os únicos que na liga lle deron moito que facer o campión. Simón adiantaba aos da Serra no 37, resultado co que se chegou ao descanso. Xa na segunda metade cos da Vila de Pondal a prcura dio empate chegase o 0-2, obra de Manel, (57´). Non perdeu emoción nen ritmo o choqur pero un segundo gol de Manel, (63´), fixo que as cousas xa decantaran para os outeses. Manuel Castro, árbitro principal do encontro, que estivo axudado nas bandas por Diego Grille e Daniel Chouciño, expulsou con vermello direto ao segundo adestrador dos pontecesáns, Raúl Ionut, e amonestou ao xogador pontecesáns David Lema, así coma os outeses Xabi e Mateo.

 

Xallas FC 2-4 UD Cerqueda

Chegou bastante xusto de xogadores o equipo xalleiro pero con un 0-5 da ida moi suculento, pero os de Cerqueda non deron nada perdido e xonseguiro poñerse moi pronto por diante. Foi no 27 cando Vitor facía o 0-1, e ainda que a reacción xalleira foi inmediata remontando en 2 minutos con goles de Álvaro, (37´e 39´), co resultado que se chegaba ao descanso, Miguel remontaba para os cerquedenses na segunda metade, (46´e 57´). Pouco despois un penalti supoñía o 2-4, que era materializado por noé, (60´). Puido conseguir o soño da remontada o equipo da parroquia malpicana, pero ata 3 expulsións seguidas tirárono por terra, pois o goleador Miguel vía dous cartóns amarelos 3 minutos despois e os seus compañeiros Javier e Mario no mesmo intre recibían sendos vermellos diretos do colexiado Alberto Pombo, que estivo auspiciado nas bandas por Alfonso Caamaño e Aitor Calo.

 

-Foto : Lilo Rama

-Texto : Xosé Búa : “Pirata”