CONVOCATORIAS DEFINITIVAS PARA A 2ª FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SELECCIÓNS AUTONÓMICAS SUB 14 E SUB 16 MASCULINAS (OIRA-OURENSE)

Campo de Oira, (Ourense).

 

Os seleccionadores galegos deron a coñecer este venres as convocatorias definitivas dos 18 futbolistas que participarán na 2ª Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14 e Sub 16 Masculinas

O torneo arrincará o próximo venres 6 de marzo no campo de fútbol de Oira (Ourense) e rematará o domingo día 8. A Sub 14 que prepara David Páez ten moitas opción de clasificarse para a Fase Final e a Sub 16 de Jesús López deberá ganar e agardar resultados

Son os nosos, os 36 elixidos para seguir soñando cunha Fase Final. Os seleccionadores David Páez e Jesús López, da Sub 14 e Sub 16 respectivamente, deron a coñecer este venres as convocatorias definitivas de Galicia para a disputa da 2ª Fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar os días 6, 7 e 8 de marzo no campo de fútbol de Oira, en Ourense.

Despois de varias sesións de traballo os corpos técnicos dos elencos autonómicos definiron a lista dos 18 xogadores que compoñen cada equipo.

Os nosos chegan a esta cita con moi boas sensacións e conscientes de que xogar na casa pode ser un factor diferencial.

Galicia rematou primeira do Grupo D na primeira fase do campionato nacional que tivo lugar o pasado mes de decembro en Logroño. Na Rioxa, o combinado Sub 14 sumou 6 puntos tras superar á anfitrioa e ao País Vasco, mentres que a Sub 16 sumou tres puntos ante A Rioxa e caeu na segunda xornada ante o País Vasco. Na terceira e última xornada desta primeira fase o País Vasco gañou os dous partidos ás seleccións de A Rioxa, pero por un número de goles insuficientes para desbancar a Galicia da primeira praza.

Ese primeiro posto fai que Galicia afronte a segunda fase como anfitrioa no Campo Municipal de Oira.

 

Horarios

 

XORNADA   DÍA CAMPO  HORA  PARTIDO 
1 6  Campo Municipal de Oira    10:30   ESTREMADURA – GALICIA SUB 14 
1 6  Campo Municipal de Oira   12:30  ESTREMADURA – GALICIA SUB 16 
2 7  Campo Municipal de Oira   10:30  CEUTA – ESTREMADURA SUB 14
2 7  Campo Municipal de Oira   12:30  CEUTA ESTREMADURA SUB 16
3 8  Campo Municipal de Oira   10:30   GALICIA – CEUTA SUB 14
3 8  Campo Municipal de Oira   12:30  GALICIA – CEUTA SUB 16

A Sub 14, entre o grupo de favoritos

A Selección Galega Sub 14 que dirixe David Páez é unha das cinco que gañou os dous partidos nesta primeira fase. O elenco infantil galego presentou deste xeito a súa candidatura entre o grupo de favoritos para alcanzar a Fase Final deste Campionato de España. Malia todo, os resultados indican que 9 puntos poden ser insuficientes para asinar o billete, polo que o combinado de David Páez sairá con todo co obxectivo de gañar os dous partidos ante Estremadura e Ceuta da segunda fase para asegurar a clasificación.

Hai que ter en conta que Estremadura, rival de grupo, é precisamente un dos equipos que pode desbancar a Galicia dos catro primeiros postos.

A Sub 16, con opcións matemáticas

Moito máis difícil será a clasificación para o combinado cadete. Os de Jesús López teñen que gañar os dous partidos e agardar que lle favorezan resultados dos equipos que están por diante na clasificación. O conxunto cadete gañou un partido en Logroño e perdeu na segunda xornada ante o País Vasco.

 

-Fotos e Texto : César Méndez/RFGF

 

Nos nosos “Vídeos Recomendados” abaixo de todo na portada da web tes ao instante tódolos vídeos que colga o RC Deportivo no seu canle de YouTube, incluso antes de falemos deles como noticia.

 

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.