CONVOCATORIA REUNIÓN DE RAFAEL LOUZÁN COS EQUIPOS DE TERCEIRA DIVISIÓN-PREFERENTE E 1ª GALICIA EN VIDEO-CONFERENCIA

 

Coa declaración do estado de alarma notificado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, para a xestión
da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, precedida pola declaración da situación de
emerxencia sanitaria de data 13 de marzo promulgada pola Xunta de Galicia, procedeuse ao peche das
instalacións deportivas e a suspensión da totalidade da actividade deportiva.

Estas medidas supuxeron a suspensión de todas as competicións federadas da Real Federación Galega
de Fútbol, restando por disputarse o tramo final da competición de liga e as súas correspondentes fases de
ascenso, así como as eliminatorias de copa. As distintas prórrogas do estado de alarma provocaron unha
maior incertidume si cabe sobre a situación competicional da RFGF.

A Xunta Directiva da RFGF, coa intención de informar e coñecer as inquietudes dos clubs convoca aos clubs
participantes na TERCEIRA DIVISÓN GRUPO 1º, PREFERENTE GRUPOS 1 -2, 1ª GALICIA GRUPOS : 1-2-3-4-5, a unha reunión  coa seguinte orde do día:

1. INFORME DO PRESIDENTE
2. SITUACIÓN ACTUAL DAS DISTINTAS COMPETICIÓNS FEDERADAS, TANTO DE CATEGORÍA
NACIONAL COMO DA RFGF, DADA A INÉDITA SITUACIÓN MOTIVADA POLO COVID-19.
3. SITUACIÓN DOS ADESTRADORES E XOGADORES.
4. SUXERENCIAS E PROPOSTAS DOS PRESIDENTES/REPRESENTANTES DOS CLUBS DADA A
EXCEPCIONALIDADE DA SITUACIÓN ACTUAL MOTIVADA POLO COVID-19.
5. ROGOS E PREGUNTAS.

DIAS E HORAS DAS REUNIÓNS

-Luns 13 (20:00 horas): Terceira División

-Mércores 15 (20:00 horas): Preferente

-Xoves 16 (20:00 horas): Grupos 1,2 e 3 de Primeira Galicia

-Sábado 18 (20:00 horas): Grupos 4 e 5 de Primeira Galicia.

Debido á limitación da liberdade de circulación das persoas imposta coa declaración do estado de alarma,
esta reunión vaise celebrar en formato VIDEO-CONFERENCIA. Por razóns loxísticas solicitamos que na
medida do posible só participe un representante por club.

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es/RFGF.

 

 

 

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.