A principal novidade da convocatoria de Fernando Vázquez para o encontro de mañán martes 30 de Xuño a partires das 19:30 horas, (17:30 GMT), no “Heliodoro Rodríguez López” ante o CD Tenerife coa arbitraxe de Miguel Ángel Ortíz Árias, é a inclusión de Gaku Shibasaki que se perdeu o encontro ante o SD Ponferradina por sanción, tralo vermello direto visto en Elxe. Cáese da lista Montero que cumprirá a sua segunda serie de acumulación de cartóns. Dos canteiráns están Gandoy e Valín e quedan fora o meta xuvenil Alberto e o xa recuperado, tamén xuvenil, Juan Rodríguez.
Non estarán os lesionados Peru Nolaskoain e Keko Gontán, que poderían estar para o seguinte choque ante o Huesca en Riazor do vindeiro Domingo 5 de Xullo a partires das 17:00 hras, (15:00 GMT).
-Foto e Texto : RC Deportivo/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.