O Dépor citou a todolos xogadores da plantilla para recibir mañá mércores 12 de xuño en Riazor ao Málaga CF no partido de ida do “Play-Off” de ascenso a 1ª División, (21:00 horas-19:00 GMT). “Están todos dispoñibles, todos preparados, con ganas de xogar”, asegurou José Luis Martí en rolda de prensa.
Unha rolda de prensa que podedes ver ao completo na nosa sección de “Vídeos Recomendados” e na que técnico mallorquín do Depor dixo que : “Sabemos que vai haber unha volta, somos conscientes da importancia de non encaixar no teu campo. Pero chegamos coa sensación de que o equipo está nun bo momento. Esperamos sacar o mellor reultado posible, pero en ningún caso a eliminatoria vaise a decidir en Riazor. Será na volta. Temos experiencias recentes en competicións como a Champions. A calquer resultado se lle pode dar a volta”.
Os futbolistas branquiazuis realizarán mañá mesmo unha última sesión de activación no estadio de Riazor a partir das 12:00 horas, segundo Martí : “Para acabar de perfilar as últimas ideas de cara ao partido”.
+++
Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es