CONVOCATORIA DO BERGANTIÑOS FC-DEPOR DESTE MÉRCORES NAS “EIROAS” DE CARBALLO.

 

A pretemporada do Depor sobe un banzo mañá mércores 4 de Agosto ás 19:00 horas no “Municipal das Eiroas” de Carballo. .

Até agora, os dous primeiros rivais nesta pretemporada foron de Terceira RFEF (Racing Villalbés e Viveiro CF). Mañá, enfronte do equipo que prepara Borja Jiménez estará o Bergantiños CF, de José Luis Lemos, que a temporada pasada ascendeu a Segunda RFEF, que que acostuma a ser un equipo moi ben traballado e difícil de batir. O ano pasado o choque acabou con empate sen goles, e os carballeses fixeron ver nese encontro moitos dos problemas que logo en liga amosou o equipo branquiazul, antre eles a baixa capacidade ofensiva, do conxunto, daquela dirixido polo GRAN Fernando Vázquez.

 

 

O Deportivo despraza a Carballo a 23 futbolistas. A principal novidade é a presenza de Celso Borges, que entra na convocatoria despois de dúas sesións co grupo; aínda que con ritmo de competición por acabar de disputar a Copa de Ouro da CONCACAF, un torneo similar á Eurocopa ou a Copa América.

Causan baixa forzosa Valín, Uche, Pablo Brea e Menudo, este último a consecuencia dunha contusión na coxa. Todos eles adestráronse hoxe co readaptador, Álex Canosa. A eles hai que engadir a Alberto Benito, que durante o adestramento desta mañá sufriu unha torsión de nocello. Pola súa banda, Rolan e Fede Cartabia teñen permiso.

Alberto, Trilli, Yeremay, Noel e Nájera, conforman a representación da canteira na citación de Borja Jiménez.

 

Lista de convocados do Bergantiños FC

A convocatoria do Bergantiños FC poñerémola aquí tan pronto a teñamos.

 

Onde velo?

O choque xogarase o venres 20 de agosto a partir das 19:00 h. e será retransmitido en directo pola canle de Youtube do Club grazas ao patrocinio da firma coruñesa Integralmotion.es.

 

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies