Convocatoria de Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do Real Club Deportivo de A Coruña SAD

 

O Consello de Administración do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na súa sesión celebrada o día 12 de marzo de 2021, acordou convocar a Xunta Xeral de Accionistas da Sociedade co carácter de Extraordinaria a celebrar no Estadio ABANCA-RIAZOR sito en r/ Manuel Murguía s/n, 15011 A Coruña, en primeira convocatoria, ás 10:00 horas do martes 27 de abril de 2021 e, se a iso houber lugar, en segunda convocatoria, no mesmo lugar e hora, o mércores 28, con asistencia exclusivamente telemática das persoas Accionistas e dos seus representantes, de conformidade coa Disposición Final Oitava do Real Decreto-lei 5/2021, do 12 de marzo, de medidas extraordinarias de apoio á solvencia empresarial en resposta á pandemia da COVID-19 que modifica a letra a) do apartado 1 do artigo 3 da Real Decreto-lei 34/2020, do 17 de novembro, de medidas urxentes de apoio á solvencia empresarial e ao sector enerxético, e en materia, con arranxo á seguinte

ORDE DO DÍA

Primeiro.- Informe do Presidente ás persoas Accionistas relativo á evolución e situación do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD e as súas Sociedades Dependentes.
Segundo.- Aprobación dos seguintes puntos relativos ao Exercicio Social pechado ao 30 de xuño de 2020:
2.1. Aprobación das Contas Anuais Individuais.
2.2. Aprobación das Contas Anuais Consolidadas.
2.3. Aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.
2.4. Aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado ao 30 de xuño de 2020.
Terceiro.- Aprobación do Orzamento correspondente á Temporada Futbolística 2020-2021.
Cuarto.- Ratificación individualizada do nomeamento por cooptación dos seguintes Conselleiros:
4.1. D. Antonio Couceiro Méndez
4.2. D. Eduardo Blanco Pereira
4.3. D. David Villasuso Castaño
4.4. D.ª Emma Lustres Gómez
4.5. D. Carles Cantó Navés.
Quinto.- Fixación do número de membros do Consello de Administración dentro dos límites estatutariamente establecidos.
Sexto.- Modificación dos Estatutos Sociais para os efectos de simplificar a súa redacción, así como de incluír melloras en materia de goberno corporativo e de carácter técnico. Aprobación de novo texto refundido.
6.1. Aprobación da modificación dos artigos 3 (Domicilio); 4 (Obxecto social); 7 (Réxime de Transmisión de Accións); 8 (Dereitos incorporados a cada Acción); 10 (Usufruto das accións); 15 (Convocatoria das Xuntas); 16 (Asistencia ás Xuntas).
6.2. Aprobación dun novo artigo 17 (Voto a distancia anticipado nas Xuntas Xerais); 18 (Reunións das Xuntas, asistencia ás Xuntas por medios telemáticos); 19 (Web Corporativa. Comunicacións entre accionistas e administradores por medios telemáticos).
6.3. Renumeración e modificación dos artigos 20 (Quórum); 21 (Actas, certificacións e publicidade de acordos); 23 (Composición e nomeamento do Consello de Administración); 24 (Conselleiros); 26 (Quórum de asistencia e votación); 29 (Facultades do Consello de Administración); 31 (Remuneración dos Conselleiros); 36 (Disolución); 37 (Liquidación).
6.4. Renumeración dos artigos 22, 25, 27, 28, 30, 32, 33, 34 e 35.
6.5. Supresión do antigo artigo 26.
6.6. Aprobación, como consecuencia dos acordos anteriores, dun novo Texto Refundido dos Estatutos Sociais.
Sétimo.- Política de remuneracións dos Conselleiros.
7.1. Aprobación da contía da retribución fixa do Consello de Administración para o exercicio social que finaliza o 30 de xuño de 2021.
Oitavo.- Revogación de Auditor de Contas.
Noveno.- Aprobación do nomeamento de Auditor de Contas Consolidado do Grupo que conforman o Real Club Deportivo de La Coruña, SAD e as súas tres Sociedades Dependentes.
Décimo.- Creación dunha páxina web corporativa da sociedade de conformidade co previsto no artigo 11 bis da Lei de Sociedades de Capital, que se incorporará ao dominio https://www.rcdeportivo.es/.
Undécimo.- Rogos e preguntas.
Duodécimo.- Delegación de facultades.

Debido á situación excepcional na que nos atopamos e ante as crecentes restricións orixinadas pola crise sanitaria do COVID-19, reguladas no Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS- CoV-2, no Decreto 8/2021, do 26 de xaneiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, así como na Orde da Consellería de Sanidade, do 26 de xaneiro de 2021, pola que se establecen medidas específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, a asistencia á Xunta poderá realizarse UNICAMENTE por medios telemáticos, contando, no seu caso, coa presenza física exclusivamente dos membros do Consello de Administración e da mesa da Xunta, do notario requirido para levantar a acta da Xunta e do persoal de apoio imprescindible, sen prexuízo de que todos ou algúns deles poidan asistir telemáticamente.
O Consello de Administración lamenta profundamente que esta reunión non poida celebrarse presencialmente, pero considera que nesta ocasión a saúde das persoas Accionistas debe primar sobre outras consideracións. É por iso que se acordou a celebración da Xunta por medios telemáticos que permitirán a conexión en tempo real e que garantirán o exercicio dos dereitos de información, asistencia, participación e voto das persoas Accionistas e a igualdade de trato entre os mesmos.
En consecuencia, as persoas Accionistas poderán exercer os seus dereitos, persoalmente ou por representante, unicamente por vía telemática, nos termos previstos nesta convocatoria e de acordo coas instrucións contidas nas Tarxetas de Asistencia e Delegación e publicadas na páxina web do Club www.rcdeportivo.es/accionistas. Os mecanismos para asistir remotamente á Xunta Xeral permitirán ás persoas Accionistas seguir en directo a retransmisión da Xunta, participar na mesma e emitir o seu voto.
O Presidente só convidará ou autorizará a asistencia á Xunta do persoal colaborador interno e externo imprescindible para facer posible a celebración da Xunta.
Os membros do Consello de Administración e da mesa da Xunta poderán asistir á Xunta Xeral por audioconferencia ou videoconferencia, considerándose celebrada no domicilio social con independencia de onde se atope o Presidente da Xunta.

DEREITO DE INFORMACIÓN
De acordo co disposto nos artigos 197 e 272.2 da Lei de Sociedades de Capital, as persoas Accionistas terán dereito a solicitar e obter a entrega ou envío gratuíto da información relativa aos puntos incluídos na Orde do Día.
De forma específica, as persoas Accionistas terán dereito a examinar no domicilio social e a solicitar e obter a entrega ou envío gratuíto dos seguintes documentos:
• Documento nº 1: Contas Anuais Individuais e Consolidadas correspondentes ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2020 e Informe de Auditoría relativo ás Contas Anuais Individuais e Consolidadas correspondentes ao Exercicio Social pechado a 30 de xuño de 2020.
• Documento nº 2: Orzamento da Temporada Futbolística 2020-2021.
• Documento nº 3: Informe do Consello de Administración sobre a modificación estatutaria a que se refire o punto sétimo da Orde do Día e texto refundido coa redacción íntegra dos novos Estatutos Sociais.

INFORMACIÓN SOBRE A ASISTENCIA TELEMÁTICA Á XUNTA
Lémbrase ás persoas Accionistas que, de acordo co establecido no artigo 8 dos Estatutos Sociais, poderán asistir á Xunta Xeral aquelas persoas Accionistas que sexan titulares de, polo menos, 2 accións, as cales consten rexistradas ao seu nome polo menos con cinco días de antelación como mínimo no Libro Rexistro de Accións nominativas da sociedade.

A sociedade expedirá gratuítamente ás persoas Accionistas unha Tarxeta de Asistencia para os efectos de poder asistir telemáticamente á Xunta e/ou delegar a súa representación na mesma, por calquera dos seguintes medios:

– A través da páxina web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, rexistrándose facilitando os datos e información requiridos.
– Por correo postal dirixido ao Real Club Deportivo de La Coruña, SAD á dirección praza de Pontevedra, nº 19, 1º, 15003, A Coruña.
– De forma presencial na Oficina de Atención ao Deportivista do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na avenida de La Habana, s/n 15011 A Coruña, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.

Para poder asistir telemáticamente á Xunta, os Accionistas deberán inscribirse previamente desde o momento no que se notifique na web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas e a través das canles de comunicación oficiais do Club, ata as 10:00 horas do día 24 de abril, por calquera das seguintes vías:

– A través da páxina web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, rexistrándose e facilitando os datos e información requiridos.
– Remitindo por correo postal dirixido ao Real Club Deportivo de La Coruña, SAD á dirección praza de Pontevedra, nº 19, 1º, 15003, A Coruña, debidamente cumprimentada e asinada a Tarxeta de Asistencia e Delegación e copia o DNI ou pasaporte orixinal do accionista e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación.
– De forma presencial na Oficina de Atención ao Deportivista do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na avenida de La Habana, s/n 15011 A Coruña, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, entregando físicamente debidamente cumprimentada e asinada a Tarxeta de Asistencia e Delegación e exhibindo o DNI ou pasaporte orixinal do accionista e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación.

A Sociedade resérvase o dereito de solicitar ás persoas Accionistas ou os seus representantes os medios de identificación adicionais que considere necesarios para comprobar a súa condición de Accionistas e garantir a súa autenticidade.
Unha vez inscritos correctamente e estando debidamente acreditados a súa condición de Accionista e o seu dereito de asistencia, as persoas Accionistas recibirán as instrucións para asistir remotamente á Xunta e participar na mesma.
As persoas Accionistas ou os seus representantes poderán pedir a palabra para intervir, solicitar información ou aclaracións e formular propostas durante o desenvolvemento da Xunta, segundo se lles indique nas instrucións correspondentes.
No caso de que calquera Accionista non recibise o impreso oficial, poderá solicitalo gratuítamente á Oficina de Atención ao Deportivista do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, persoalmente, debidamente identificado, na avenida de La Habana, s/n 15011 A Coruña, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. Así mesmo, calquera Accionista poderá solicitar o impreso oficial, tamén gratuítamente, a través do teléfono de Atención ao Accionista: 981259500 – extensión 1, co fin de que se lle envíe novamente.
Por último, calquera Accionista que desexe intervir na Xunta, deberá inscribirse previamente sempre antes das 10:00 horas do día 24 de abril, por calquera das vías sinaladas anteriormente a efectos da asistencia.

REGRAS RELATIVAS Á DELEGACIÓN, AGRUPACIÓN E REPRESENTACIÓN
As persoas Accionistas poderán delegar a súa representación a través da firma e enchemento do impreso oficial con código de barras e marca de auga enviada aos seus domicilios polo Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, debendo identificarse debidamente o asinante. Así mesmo, as persoas Accionistas poderán facerse representar na Xunta Xeral por medio doutra persoa. Dita representación deberá conferirse, en todo caso, por escrito e con carácter especial para cada Xunta, sempre que se garanta debidamente a identidade do Accionista que exerce o seu dereito. Ademais, tal e como establece a Lei de Sociedades de Capital no seu artigo 189, para o exercicio do dereito de asistencia e o de voto, será lícita a agrupación de accións. A representación é revocable. A asistencia persoal á Xunta do Accionista representado terá valor de revogación. A Delegación, Agrupación e Representación só se considerará válida:

(i) ben a través da páxina web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, cumprimentando e facilitando os datos e información requiridos.
(ii) ben utilizando o impreso oficial con código de barras e marca de auga enviada ao domicilio de todos as persoas Accionistas polo Real Club Deportivo de La Coruña, SAD.
(iii) ben mediante a utilización das correspondentes escrituras públicas outorgadas para estes efectos ante notario.

As persoas Accionistas que desexen delegar a súa representación noutra persoa poderán realizalo por calquera das seguintes vías:

– A través da páxina web corporativa www.rcdeportivo.es/accionistas, cumprimentando e facilitando os datos e información requiridos.
– De forma presencial na Oficina de Atención ao Deportivista do Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na avenida de La Habana, s/n 15011 A Coruña, en horario de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas, entregando debidamente cumprimentada e asinada a Tarxeta de Asistencia e Delegación, así como copia do DNI/ NIE ou pasaporte orixinal do accionista representado, copia do DNI/ NIE ou pasaporte orixinal do representante e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación e copia do DNI/ NIE ou pasaporte orixinal do representante.
– Remitindo por correo postal dirixido ao Real Club Deportivo de La Coruña, SAD á dirección praza de Pontevedra, nº 19, 1º, 15003, A Coruña, entregando debidamente cumprimentada e asinada a Tarxeta de Asistencia e Delegación así como copia do DNI/ NIE ou pasaporte orixinal do accionista representado, copia do DNI/ NIE ou pasaporte orixinal do representante e/ou, no caso das persoas xurídicas, documentación que acredite a súa representación e copia do DNI/ NIE ou pasaporte orixinal do representante.

PRESENZA DE NOTARIO NA XUNTA
En data 12 de marzo de 2021 celebrouse reunión do Consello de Administración e acordouse requirir a presenza dun notario para que levante acta da Xunta Xeral de Accionistas, de conformidade co disposto no artigo 203 da Lei de Sociedades de Capital, en relación co artigo 101 e seguintes do Regulamento do Rexistro Mercantil.

PREVISIÓN SOBRE A DATA DE CELEBRACIÓN DA XUNTA XERAL
Infórmase as persoas Accionistas que, dado que se trata dunha Xunta Xeral de celebración telemática, a Xunta celebrarase, previsiblemente, en primeira convocatoria, o día martes 27 de abril ás 10:00 horas, salvo aviso en contrario na prensa diaria.

PROTECCIÓN DE DATOS
En virtude da normativa aplicable en materia de protección de datos de carácter persoal, infórmase as persoas Accionistas da existencia dun tratamento automatizado, cos datos de carácter persoal facilitados polos propios Accionistas, polos seus representantes ou, no seu caso, polas entidades de crédito e bancarias, Sociedades e Axencias de Valores en que devanditos Accionistas teñan depositadas as súas accións, con ocasión da Xunta Xeral convocada mediante a presente, así como dos que poidan derivarse como consecuencia da mesma. A finalidade do devandito tratamento é a xestión e administración dos datos das persoas Accionistas e, no seu caso, os relativos aos seus representantes, no ámbito da Xunta Xeral de Accionistas. As persoas Accionistas ou os seus representantes poderán exercitar, nos supostos amparados na lei, os dereitos de acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais, así como a limitación e oposición ao seu tratamento, e a portabilidade dos datos a través da correspondente notificación (que deberá incluír a identificación do titular dos dereitos mediante fotocopia do Documento Nacional de Identidade) remitida á seguinte dirección: praza de Pontevedra, 19 1º 15003 A Coruña. O Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, na súa condición de Responsable do Tratamento, informa da adopción das medidas de seguridade legalmente esixidas nas súas instalacións, sistemas, tratamentos e ficheiros. Así mesmo, como Responsable do Tratamento, o Real Club Deportivo de La Coruña, SAD, garantirá a confidencialidade dos datos persoais, sen prexuízo da súa obrigación de revelar ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea na súa poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas, sempre que esta fose requirida de acordo co establecido nas disposicións legais e regulamentarias aplicables.

A Coruña, 12 de marzo de 2021

PRESIDENTE DO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN, Antonio Couceiro Méndez.

-Información e Foto : RC Deportivo


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies