CONVOCATORIA DE IVÁN CANCELA PARA UN ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN GALEGA DE AFECCIONADOS

 

A RFGF ven de comunicarnos a convocatoria para un adestramento o día 23 deste mes de outubro, da Selección de Afeccionados de Galicia que terá lugar no campo de fútbol Municipal da Estrada ás 18.30 horas. Nesta primeira sesión preparatoria tomarán parte 22 futbolistas, un grupo de xogadores que representan a 12 dos 20 clubs que militan no Grupo 1 da Terceira División. O combinado autonómico que desde esta mesma tempada dirixe Iván Cancela xogarase a clasificación para a segunda fase en Galicia entre o 6 e o 8 de decembro, concretamente nas Rías Baixas (Portonovo, Vilalonga e A Illa de Arousa) ante os equipos de Ceuta e Castela A Mancha.

O seleccionador autonómico, Iván Cancela, sinala que cada convocatoria será un banco de probas e salienta o gran nivel que hai na categoría. “Nesta primeira toma de contacto participarán estes 22, pero aínda nos quedarán máis adestramentos por diante para que poidan ir entrando máis xogadores. O noso obxectivo é ver e probar a varios xogadores en cada adestramento e para iso temos tempo. Para o corpo técnico é unha bendición ter tanto talento e tantos bos futbolistas na Terceira División galega”, sinala o seleccionador de Tordoia, tal como nos apuntan dende a RFGF.

 

Convocatoria definitiva de 18

A convocatoria definitiva estará formada por un total de 18 xogadores, que son os que loitarán por clasificarse en decembro para a seguinte fase desta Copa das Rexións UEFA.

Os xogadores seleccionables para participar nesta Copa das Rexións UEFA han de cumprir unha serie de requisitos, que son os seguintes:

 

 

-Texto : César Méndez, (RFGF)

-Fotos : RFGF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies