CONVOCATORIA DA SELECCIÓN GALEGA DE AFECCIONADOS TRALO PRIMEIRO ADESTRAMENTO :

 

O CAMPO MUNICIPAL DA ESTRADA FOI TESTEMUÑA DO PRIMEIRO DÍA DA ERA IVÁN CANCELA Á FRONTE DA SELECCIÓN GALEGA DE AFECCIONADOS

Un total de 22 futbolistas do Grupo 1 da Terceira División participaron na primeira sesión de adestramento da Selección Galega que en decembro disputará en Galicia a primeira fase da Copa das Rexións UEFA

O seleccionador ten previsto levar a cabo cinco sesión para ter todo a punto para o debut de Galicia, o venres día 6 de decembro, ante Castela A Mancha. Ao día seguinte, en Vilalonga, os manchegos mediranse a Ceuta, que pechará o triangular na Illa, o día 8, fronte a Galicia.

22 dos mellores futbolistas do Grupo 1 da Terceira División ao servizo da comunidade. A Selección Galega de Afeccionados que disputará a próxima edición da Copa das Rexións UEFA volveu este mércores ao rodo para levar a cabo a primeira sesión de adestramento. A xornada supuxo tamén o primeiro día na oficina para o novo seleccionador autonómico, Iván Cancela, quen para este primeiro capítulo do banco de probas que ten previsto realizar para esa importante cita que terá lugar en decembro citou a un total de 22 futbolistas para esta primeira preselección.

Este primeiro adestramento tivo lugar no campo de fútbol municipal da Estrada e o mesmo prolongouse durante uns 90 minutos. A primeira parte da sesión serviu para que o novo seleccionador dese a benvida a todos os xogadores e lles transmitise as primeiras premisas tácticas. Posteriormente, os 22 convocados saltaron ao terreo de xogo para, tras os correspondentes exercicios de activación, disputar un partido de adestramento. A xornada concluíu con outra pequena charla de benvida e agradecemento por parte do director deportivo da Real Federación Galega de Fútbol, Manu Fernández, quen eloxiou o compromiso e esforzo dos xogadores presentes neste primeiro día na era Iván Cancela á fronte da Selección Galega de Afeccionados.

A primeira fase desta Copa das Rexións UEFA desenvolverase en Galicia, concretamente no Salnés, e as sedes serán o campo de Baltar, en Portonovo, San Pedro, en Vilalonga, e o Salvador Otero da Illa de Arousa.

O seleccionador Iván Cancela ten previsto levar a cabo cinco sesións de adestramento para ter todo a punto para o debut de Galicia, o venres día 6 de decembro, ante Castela A Mancha en Baltar. Ao día seguinte, en Vilalonga, os manchegos mediranse a Ceuta, que pechará o triangular na Illa, o día 8, fronte a Galicia. 

Cada país europeo debe enviar un representante á fase final, polo que as diferentes seleccións autonómicas iranse enfrontando en varios chanzos ata coñecer á elixida. O equipo de Iván Cancela debe finalizar primeiro do seu grupo para avanzar a unha fase intermedia, na que se enfrontará ao campión do grupo C nun partido único na Cidade Deportiva de Las Rozas, en Madrid, o próximo 12 de febreiro. En abril terá lugar o cuadrangular final, do que sairá o equipo que pelexará por ser campión da Copa das Rexións UEFA.

CONVOCATORIA FINAL

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.