CONVOCATORIA DA SELECCIÓN GALEGA DE AFECCIONADOS PARA A FASE INTERMEDIA DA COPA DAS REXIÓNS UEFA.

 

 Aquí tedes o artigo da páxina da RFGF sobre a convocatoria da Selección Galega de Fútbol Afeccionado, que dirixe Iván Cancela, e que copiamos textualmente da páxina do ente federativo galego, ao ser en aberto para todo aquel que lle interese, xa que a nós deixaron de mandarnos información, por non poñer o que queren, (ou non?), despois de moitos anos mandándonola. Que cosnte que a pesares de levar informando dende 0 1980 do fútbol modesto, en medios privados e afeccionados e dende o 2007 na nosa web, somos comunicadores do deporte.

O seleccionador galego Iván Cancela desvelou este xoves as súas cartas, o nome dos 18 futbolistas convocados para disputar a Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA. Galicia será a representante nacional na cita europea ao ser a vixente campioa de España.

O combinado galego defenderá ao país do 6 ao 12 de outubro na fase de grupos que se celebrará nos campos de Baltar (Portonovo) e A Lomba (Vilagarcía de Arousa) ante os representantes de Suíza, Eslovenia e Hungría. O campión do grupo acudirá á fase final da Copa das Rexións UEFA.

Os 18 elixidos para representar a Galicia na cita europea son os seguintes:

  • PORTEIROS

– Ramón Rodríguez (UD Ourense)

– Javi Rumbo (Betanzos CF)

  • DEFENSAS 

– Jesús Varela (Alondras CF)

– Martín Sánchez (Arosa SC)

– Antonio González (Atlético Arteixo)

– Aitor Díaz (Alondras CF)

– Sergio Cotilla (Arosa SC)

– Aarón (CSD Arzúa)

  • CENTROCAMPISTAS 

– Kopa (CD Choco)

– Ube (CD Choco)

– Javicho (CD Estradense)

– Félix Rial (CD Choco)

– Juanín (CD Estradense)

  • DIANTEIROS

– Carlos Cora (CD Choco)

– Óscar Lorenzo (UD Somozas)

– Álex Rey (Rápido de Bouzas)

– Chiño (CSD Arzúa)

– Adri Otero (Atlético Arteixo)

Do 6 ao 12 de outubro en Baltar e A Lomba

Galicia, encadrada no Grupo 7, xogarase o único billete que hai en xogo para a fase final europea do 6 ao 12 de outubro nos campos de Baltar (Portonovo) e A Lomba (Vilagarcía de Arousa).

O calendario dos encontros e os horarios desta fase intermedia da Copa das Rexións UEFA son os seguintes:

 

 

Un único billete en xogo

En total, inscribíronse 36 federacións, das cales Malta e San Marino presentarán seleccións nacionais amateurs e o resto estará representado polas seleccións rexionais. As seleccións das 31 federacións con maior coeficiente de competición, entre elas España representada pola Selección Galega, comezarán na Rolda Intermedia, e as outras cinco participarán na rolda preliminar para pelexar polo posto restante da rolda intermedia.

Os oito gañadores dos grupos da Rolda Intermedia clasificaranse para a fase final que se celebrará, en principio, nas dúas últimas semanas de xuño de 2023.

Os 32 contendentes (31 equipos que participan nesta rolda e o gañador da rolda preliminar) dividíronse en catro grupos de oito equipos en función dos seus coeficientes. Os equipos dividíronse en oito grupos de catro equipos, cada un deles cun equipo de cada grupo:

  • Grupo 1 (completado). Clasificado para a fase final: Zenica-Doboj (BIH)
  • Grupo 2 (completado). Clasificado para a fase final: Dolny Śląsk (POL, vixente campión)
  • Grupo 3 (2–8 de novembro): Turquía (anfitrioa), Portugal, Finlandia, “Kolos” Cherven (BLR)
  • Grupo 4 (10–16 de outubro): Zlín (CZE), Región Este de Irlanda del Norte (NIR, anfitrioa), Gales, Gotemburgo (SWE)
  • Grupo 5 (29 de setembro–5 de outubro): Bavaria (GER), Región de Lazio (ITA, anfitrioa), Jersey (ENG), Macedonia del Norte
  • Grupo 6 (25–31 de outubro): República de Irlanda, South West Bulgaria (BUL, anfitrioa),Prahova Muntenia (ROU), San Marino (SMR)
  • Grupo 7 (6–12 de outubro): Galicia (ESP, anfitriona), Pest (HUN), Ginebra (SUI), Liubliana (SVN)
  • Grupo 8 (28 de setembro–4 de outubro): Split (CRO, anfitrioa), Ivano-Frankivsk (UKR), Belgrado (SRB), Malta (MLT)

Chamamento á afección galega

Galicia é a vixente campioa de España e, por iso, será a representante nacional nesta Fase Intermedia da cita europea. A Selección Galega loitará na súa casa, en Galicia, por clasificarse para a fase final. Para iso, a nosa selección necesitará o apoio e do alento da afección galega, polo que facemos un chamamento para que os nosos sentan arroupados nos tres encontros que disputarán ante Suíza, Hungría e Eslovenia.

Agradecementos

A RFGF volveu a apostar por unha peza audiovisual para anunciar a convocatoria da Selección Galega UEFA. Desde a Federación queremos agradecer publicamente aos propietarios do Bar Bemaro, en Tordoia, que abriron as portas do seu establecemento para albergar a gravación do anuncio.

No mesmo participan o propio seleccionador galego, Iván Cancela, e catro veciños do pobo: Calviño, Manolo, Chucho e Suki. A todos eles, grazas de corazón pola súa colaboración.

-Foto e Texto : RFGF