CONVOCADO POLA SELECCIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA INFANTIL O NENO DO FISOBER FSF, PABLO COSTA.

Pablo Costa do Fisober FSF Infantil masculino.

 

Segundo nos informan dende o Fisober FSF, “Pablo Costa Carabel, xogador do noso equipo infantil esta citado o vindeiro venres no Polideportivo de O Pino para adestrar ca Selección Galega Alevín de Fútbol Sala”. Unha boa nova para o clube costeiro e para o fútbol sala da costa, que se abren as portas a que máis destes xoves valores acudan as citas da galega, sísntoma de que se están a facer as cousas ben.

O clube fisoberista conta dende esta mesma tempada con 4 equipos de base, 2 da categoría feminina e dous da masculina, (infantil e cadete en ambas), das cales cada semana vos traemos as crónicas dos encontros da man de Luis Sambad, xefe de prensa do Fisober FSF.

-Texto e Foto : piratasdemuxia.es/Fisober FSF

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies