A selección Galega ao competo.
Galicia sub-19 logra unha contudente victoria ante Ceuta
As galegas foron superiores en todo momento na pista de Betanzos
A selección galega sub 19 recuperou o sorriso na fase previa do Campionato de España de seleccións autonómicas ao impoñerse a Ceuta por un contundente 10-0 na segunda xornada celebrada na tarde do sábado no Pavillón Municipal de Betanzos.
As galegas querían empezar forte sobre a pista, porque xa nunha das primeiras xogadas Iraia tiña unha boa oportunidade cun tiro desde o borde da área, que se ía fóra por pouco. Galicia tiña o balón nos pés, e Ame tiña a seguinte ocasión, tamén desde o mesmo sitio, tras recibir previamente un bo pase entreliñas. Ceuta tamén amosaba as súas armas nestos primeiros minutos, ao basar o seu xogo no centro da pista e grazas a isto Claudia tiña unha boa ocasión que lograba despexar María baixo paos.
O esforzo das galegas acababa dando os seus froitos, porque nunha boa xogada de equipo, Ame estreaba o marcador culminando unha boa xogada colectiva cun tiro dende o borde da área. Ceuta non baixaba os brazos a pesar de este gol e Rania enviaba pouco despois un balón ao longueiro, pero as galegas non se puxeron nerviosas e Cris estivo a piques de ampliar distancias nunha boa xogada de equipo, pero o seu tiro dentro da área íase fóra por moi pouco, mentras que na seguinte chegada Inés era a que enviaba o esférico ao longueiro dende o lateral da área a media altura.
Tras varios intentos, Galicia atopaba a súa recompensa cun gol de Nuria desde o borde da área nunha boa xogada de equipo e tan so un minuto despois Inés facía o terceiro cun gol dende o lateral da área e xa nos últimos instantes de periodo Iraia deixaba o marcador ao descanso en 4-0 cun gol nunha boa xogada de equipo.
No inicio do segundo tempo Galicia comezaba coma un ciclón, porque cada chegada a área era gol, ao facer Ame o quinto desde o lateral da área por raso. O sexto levaba a sinatura de Teresa ao aproveitar un rexeite dentro da área. O séptimo e o oitavo foron obra de Ame e Canolich, respectivamente, con goles ao segundo pao, e o noveno era de Nuria dentro da área.
O encontro estaba sentenciado tras isto, pero Ceuta non lle perdía a cara o xogo, pelexando por todos os balóns e intentando aproximarse a área, buscando o seu gol, pero a efectividade a seguía tendo Galicia, cun novo tanto de Inés ao segundo pau, que facía o 10-0.
O domingo pecharáse esta fase previa onde Galicia recibirá a Castela A Mancha, ás 12:30 horas, en Betanzos; mentres que a esa mesma hora, en Miño, Madrid xogará ante Ceuta.
Ficha técnica:
Galicia: María, María Estévez, Cris, Iraia, Ame – tamén xogaron – Inés, Teresa, Canolich e Nuria.
Ceuta: Malak, Daniela, María, Yasmina, Claudia – tamén xogaron – Lucía, Rania, Marilia e Natalia.
Árbitros: Coello Martínez e Dans Rey (Comité galego).
Goles: 1-0 Ame min.9, 2-0 Nuria min.15, 3-0 Inés min.16, 4-0 Iraia min.19, 5-0 Ame min.20, 6-0 Teresa min.21, 7-0 Ame min.21, 8-0 Canolich min.23, 9-0 Nuria min.29, 10-0 min.30.
Pavillón: Municipal de Betanzos
Madrid consegue o seu pasaporte para a fase final ante Castela A Mancha
No primeiro partido da tarde Madrid non tiña excesivos problemas para impoñerse a Castela A Mancha por 6-0 e grazas aos resultados obtidos nestas dúas xornadas para asegurarse o primeiro posto do grupo.
Madrid levaba a iniciativa desde o primero momento sobre a pista e os goles chegaban a partir do minuto 6 grazas a Nereita, Irene e Albita, que deixaban o encontro moi encarrilado xa no descanso. Tras a reanudación as madrileñas dosificaban as súas forzas, malia que Castela A Mancha tivo varias chegadas, nos últimos minutos Madrid sentenciaba o encontro con goles de Clau López, Tania e Laura Sánchez.
–Fotos e Texto : RFGF
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.